Saltar ao contido

Fillas de Cassandra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFillas de Cassandra
Biografía
Actividade
OcupaciónArtista

Sitio webfillasdecassandra.eu Editar o valor en Wikidata
Twitter: fillasdecassmp3 Instagram: fillasdecassandra.mp3 Youtube: UCMm7BzR-giLoqIjJDlYelPQ Spotify: 4OETSqPg52NUKHEQEroph5 Editar o valor en Wikidata

Fillas de Cassandra é un dúo musical galego formado en 2022 por MaríaSOA[1] (Vigo, 1996) e Sara Faro (Vigo, 2001). A súa música está baseada na tradición musical e oral galega, o feminismo, os sons modernos e a mitoloxía grega.[2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coñecéronse nunhas xornadas de Feminismo unitario en Vigo e desde entón xuntaron a formación musical de MaríaSOA -voz, percusión e piano- e Sara Faro -voz e percusión- para formaren o dúo.[2]

Apostan pola recuperación de melodías tradicionais e as novas líricas, inspiradas nos cantos de tradición oral, con influencias do pop, a música electrónica e a música clásica. Propoñen un espectáculo teatral do que forma parte o público, sempre desde unha ollada feminista e actual e no que o piano e as percusións están apoiadas en bases electrónicas.[4]

Na tradición os temas están influenciados por Xosé Lois Romero e Aliboria, Leilía, Baiuca e Contrapunto das Tanxugueiras. Nas harmonías hai referentes do barroco e pola electrónica inflúen Rosalía ou a Bad Gyal.[5]

En 2022 estrearon o tema "Lisístrata" no Luar[6] e actuaron en escenarios de toda Galicia.

O seu primeiro disco, Acrópole (2023), semella unha obra de teatro clásico con heroínas mitolóxicas na que se achegan as mulleres do presente coas do pasado, as vivencias propias coas alleas.[2] Están Antígona, Pandora, Eco, as Moiras e as ninfas Dafne e Syrinx.[3]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Acrópole (2023). Colaboración entre a produtora Tremendo Audiovisual e Luneda Producións. Producido por Berto (de Verto) ao abeiro da cooperativa cultural Nave de Lata.[3] Temas:
    1. I. ANTÍGONA.
    2. Da voz de Lisístrata.
    3. II. LISÍSTRATA (Varre Vasoira). Colaboración con Berto.
    4. III. PANDORA.
    5. IV. ECO.
    6. V. AS MOIRAS. Colaboración con Nadie González, Xiana Teixeiro, Berto.
    7. VI. DAFNE E SYRINX.
    8. Da voz de Cassandra.
    9. VII. CASSANDRA (Fillas de Cassandra).
    10. VIII. ACRÓPOLE. Colaboración con Berto.
  • Tataravoa (7 de xullo de 2023). Colaboración con Galician Army.
  • Tola (28 de xullo de 2023). Colaboración con Berto.
  • canta miña sombra (negra sombra) (15 de setembro de 2023).
  • Anguleele (31 de xaneiro de 2024). Colaboración con Zetak.[7][8]
  • 2024: Premio Rosa dos ventos. Outorgado anualmente polo alumnado de 5.º curso de bacharalato do Instituto Santiago Apóstol de Buenos Aires.[10]
  1. María Pérez
  2. 2,0 2,1 2,2 "¿Quiénes son Fillas de Cassandra? - fantasticmag" (en castelán). 2023-03-13. Consultado o 2023-04-04. 
  3. 3,0 3,1 3,2 G. Liste, Ana. "Fillas de Cassandra: «Queremos permitirnos errar»". Vinte. Consultado o 2023-04-04. 
  4. "Fillas de Cassandra – Tremendo Audiovisual". Consultado o 2023-04-04. 
  5. "Fillas de Cassandra: «A música tradicional está de moda»". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-09-14. Consultado o 2023-04-04. 
  6. "Fillas de Cassandra traen o seu tema 'Lisístrata' para facernos bailar CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-04-04. 
  7. "Fillas de Cassandra e ZETAK estrearon o videoclip de 'Anguleele'". agalegaaudio.gal. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  8. "Fillas de Cassandra e ZETAK estrean este mércores 31 o videoclip de ‘ANGULEELE’". zoompontevedra.es. 30 de xaneiro de 2024. Consultado o 23 de febreiro de 2024. 
  9. "(Vídeo) Fillas de Cassandra gaña o VIII premio aRi[t]mar a Mellor Música do Ano en Galicia en 2022". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-04-04. 
  10. Emigración, Crónicas de la (2024-12-11). "El grupo Fillas de Cassandra, premio Rosa dos Ventos 2024 por “la dignificación de la cultura tradicional gallega”". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2024-12-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]