Saltar ao contido

Mondra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMondra
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Recesende, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarín, cantante, músico Editar o valor en Wikidata

Sitio webmondra.gal Editar o valor en Wikidata
Instagram: mondra.gz Youtube: UCk40wJvX0fkdAid-j6Jddtg Spotify: 7hETI0LkHsxAb0Mil6OCWx Editar o valor en Wikidata

Martín Mondragón, nacido en Recesende (Teo)[1] no ano 2000,[2] é un cantante e bailador galego, coñecido polo nome artístico de Mondra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional na compañía de danza de Fran Sieira,[1] formando aínda parte do seu elenco artístico.[3] Mondra tamén ten formación en piano e pandeireta.[3] Exerce como mestre de pandeireta e baile tradicional galego en varias asociacións culturais do país. En setembro do ano 2023 editou o seu primeiro álbum de estudio, ARDĒN,[4] no que combina música enxebre cun son actual, un estilo que foi bautizado como trad.[1] En 2025 lanzou De ronda, once cancións coa produción de Hevi no Laboratorio Soyuz.[5]

Na tempada 2024-2025 participou como xurado no Luar da TVG.

Quererse ben foi Premio aRi(t)mar 2025.[6]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
ARDĒN 2023 Altafonte
DE RONDA 2025 Altafonte
  1. 1,0 1,1 1,2 "Mondra, la nueva estrella de la música «trad» eclosionada en Teo". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-21. Consultado o 2023-11-07. 
  2. ""ARDĒN' é unha celebración da xente nova porque somos válidas e porque sen nós non hai futuro"". Praza Pública. 2023-09-22. Consultado o 2023-11-07. 
  3. 3,0 3,1 "Martín Mondragón – Fran Sieira". Consultado o 2023-11-07. 
  4. Diario, Nós (2023-09-05). "Mondra: "'Ardén' é unha terra de que nós creamos, de afectos, onde se desenvolven todas as músicas"". Nós Diario. Consultado o 2023-11-07. 
  5. rajucarpin (2025-03-28). "Mondra publica su nuevo disco “DE RONDA”". MondoSonoro (en castelán). Consultado o 2025-04-01. 
  6. Diario, Nós (2025-03-31). ""Quererse ben", de Mondra, premio á Mellor Música do Ano 2024 na Galiza". Nós Diario. Consultado o 2025-04-01. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]