Filarioideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Filaria»)
Filarioideos
Filarioidea

Á dereita, microfilaria de Loa loa

Loa loa adulto
Loa loa adulto

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Nematoda
Clase: Secernentea
Orde: Spirurida
Superfamilia: Filarioidea
Weinland, 1858[1]
Chabaud & Anderson, 1959[2]
Familias
Véxase o texto

Os filarioideos (Filarioidea), segundo as clasificacións tradicionais, son unha superfamilia de nematodos da clase dos secernénteos e orde dos espirúridos.[1][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A superfamilia foi descrita por primeira vez en 1858 por Weinland,[1] e, no sentido da moderna clasificación do WoRMS, en 1959 por Chabaud & Anderson.[2]

Familias[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente considerábanse dentro desta superfamilia, as familias seguintes:[3]

Porén, o WoRMS, só considera dúas:[2]

Nota taxonómica[editar | editar a fonte]

O WoRMS considera Spirurida como a orde dos espiruromorfos (Spiruromorpha) De Ley & Blaxter, 2002, da sublcase dos cromadorios (Chromadoria),[4] de aí as direfenzas na taxonomía indicadas.

Filaroideos parasitos[editar | editar a fonte]

Wuchereria bancrofti

Existen varias enfermidades do home e de animais vertebrados causadas pola infestación por filarias, denominadas filarioses.[5] As filarioses maniféstanse, segundo as especies, principalmente no sistema linfático ou no tecido conxuntivo superficial e profundo. As filarioses diferéncianse segundo os diferentes ciclos de vida das filarias e os síntomas asociados á enfermidade. As formas linfáticas, provocadas por especies que viven no sistema linfático, considéranse filarioses no sentido estrito da palabra. Son causadas principalmente polas filarias Wuchereria bancrofti, Brugia malayi e B. timori.[1]

Outra filariose nos humanos é a loíase (tamén chamada filariose loa loa e edema de Calabar), provocada pola infestación de Loa loa, propia da selva tropical da África central e occidental,[6] A diferenza da filariose linfática, a súa presenza no tecido celular subcutáneo nos humanos débese a que as filarias migran cara este tecido (filariose errante), ou cara a debaixo da conxuntiva do ollo. Se Loa loa se encontra no ollo, denomínase vulgarmente "verme do ollo", e pode ocasionar cegueira.[1]

Este parasito transmítese de persoa infestada a persoa sá a través das femias das moscas coñecidas como tabáns, do xénero Chrysops.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Filarioidea Weinland, 1858 no GBIF. Consultado o 22 de febreiro de 2021
  2. 2,0 2,1 2,2 Filarioidea Chabaud & Anderson, 1959 no WoRMS. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
  3. 3,0 3,1 Filaroidea no ITIS. Consultado o 22 de febreiro de 2021.
  4. Spirurida Chitwood, 1933 no WoRMS. Consultada o 22 de febreiro de 2021.
  5. filariose no Dicionario da RAG.
  6. Gerald D. Schmidt & Larry S. Roberts (2009): Foundations of Parasitology. 8th ed. New York, NY: McGraw Hill. ISBN 978-0-0730-2827-9.
  7. Metzger, Wolfram Gottfried; Mordmüller, Benjamin (abril de 2014). "Loa loa—does it deserve to be neglected?". The Lancet Infectious Diseases (en inglés) 14 (4): 353–3575. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, pp. 15, 117 e 301.
  • Spratt, D. M. (2011): "New records of filarioid nematodes (Nematoda: Filarioidea) parasitic in Australasian monotremes, marsupials and murids, with descriptions of nine new species". Zootaxa 2860: 1–61.

Outros artigos[editar | editar a fonte]