Espirúridos
Espirúridos Spirurida | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Microfilaria de Wuchereria bancrofti | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Superfamilias | |||||||||
| |||||||||
Sinonimia | |||||||||
|
Nas clasificacións tradicionais, a dos espirúridos (Spirurida) é unha orde de nematodos da clase dos secernénteos.
Algunhas das súas especies, como as filarias,[1] poden producir enfermedides en humanos. Nesta orde está o maior nematodo coñeocido, Placentonema gigantissima, parasito da placenta dos cachalotes; as femias maduras alcanzan os 8 m de lonxitude, cun diámetro de só 2,5 cm, e posúen 32 ovarios que producen unha enorme cantidade de óvulos.[2]
Características
[editar | editar a fonte]A rexión bucal posúe normalmente dous labios laterais, aínda que pode haber catro ou máis. O orificio bucal pode ter dentes. Os anfidios están xeralmente situados en posición lateral, aínda que nalgúns grupos poden localizarse inmediatamente por detrás dos labios. O esófago divídese normalente nunha porción anterior muscular e nunha porción posterior glandular, dilatada. As larvas posúen en xeral unha espiña cefálica que usan para perforar a envoltura do ovo, e un fasmidio en forma de poro na cola.[2]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Os espirúridos utilizan un vertebrado no seu ciclo de vida. O hospedeiro definitivo é un mamífero, unha ave ou un réptil, raramente un anfibio.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde foi descrita en 1933 polo nematólogo estadounidense Benjamin Goodwin Chitwood.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]A orde coñécese tamén polo sinónimo moderno:[3]
- Espiruromorfos (Spiruromorpha) De Ley & Blaxter, 2002.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Segundo o WoRMS, o grupo comprende as seguintes superfamilias:[3]
- Acuarioidea Railliet, Henry & Sisoff, 1912
- Aproctoidea Skrjabin & Shikhobalova, 1945
- Camallanoidea Travassos, 1920
- Filarioidea Chabaud & Anderson, 1959
- Habronematoidea Ivaschkin, 1961
- Physalopteroidea Railliet, 1893
- Rictularoidea Railliet, 1916
- Spiruroidea Oerley, 1885
- Thelazioidea Skrjabin, 1915
O BioLib, pola súa parte, considera a orde dividida en dúas subordes:[4]
- Camallanina, coas superfamilias:[5]
- Camallanoidea
- Dracunculoidea
- Spirurina, coas superfamilias:[6]
- Acuarioidea
- Aproctoidea
- Diplotriaenoidea
- Filarioidea
- Gnathostomatoidea
- Habronematoidea
- Physalopteroidea
- Rictularioidea
- Spiruroidea
- Thelazioidea
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Nas clasificacións modernas, por exemplo no WoRMS, este taxon considérase como a orde dos Espiruromorfos (Spiruromorpha) De Ley & Blaxter, 2002, da sublcase dos cromadorios (Chromadoria).[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ filaria no Dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Sci-Tech Encyclopedia - Spirurida.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Spiruromorpha (suborde) De Ley & Blaxter, 2002 no WoRMS. Consultada o 21 de febreiro de 2021.
- ↑ order Spirurida en BioLib. Consultado o 21 de febreiro de 2021.
- ↑ Camallanina en BioLib.
- ↑ Spirurina en BioLib.
- ↑ Spirurida Chitwood, 1933 no WoRMS. Consultada o 21 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espirúridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Espirúridos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- order Spirurida en BioLib.