Conxuntiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conxuntiva
Gray883.png
A metade superior da sección saxital da parte frontal do globo ocular. A conxuntiva (conjunctiva) é visible no centro esquerda.
Gray896.png
Sección horizontal do globo ocular. A conxuntiva está na parte superior esquerda.
Latín tunica conjunctiva
Gray's asunto #227 1026
Arteria arteria lacrimal, arterias ciliares anteriores
Nervio(s) nervio supratroclear
MeSH Conjunctiva
Imaxe do ollo humano mostrando os vasos sanguíneos da conxuntiva.
Hiperemia dos vasos sanguíneos superficiais da conxuniva.

A conxuntiva é unha capa de mucosa transparente que tapiza o interior das pálpebras e cobre a esclerótica anterior (branco dos ollos), chegando ata o limbo corneal, onde empeza a córnea. Está composta por un epitelio columnar estratificado non queratinozado con células caliciformes, de grosor variable segundo a parte da conxuntiva.

Función[editar | editar a fonte]

A conxuntiva axuda a lubricar o ollo ao prodcir moco e bágoas, aínda que un volume menor de bágoas que a glándula lacrimal.[1] Tamén conribúe á vixilancia inmunitaria e axuda a impide a entrada de microbios no ollo.

Anatomía[editar | editar a fonte]

A conxuntiva divídese en tres partes:

Parte Área
Conxuntiva palpebral ou tarsal Tapiza as pálpebras.
Conxuntiva bulbar ou ocular Cobre o globo ocular sobre a esclerótica anterior. Esta rexión da conxuntiva está estreitamente unida á esclerótica subxacente pola cápsula de Tenon e móvese xunto cos movementos do globo ocular.
Conxuntiva do fórnix Forma a unión entre as conxuntivas bulbar e palpebral. Forma uns pregamentos profundos entre os párpados e o globo ocular, que son os fórnices superior e inferior. Esta zona é frouxa e flexible, e permite o libre movemento das pálpebras e o globo ocular.[2]

Inervación sensorial[editar | editar a fonte]

A inervación sensorial da conxuntiva divídese en catro porcións:[3]

Área Nervio
Superior
Inferior Nervio infraorbital
Lateral Nervio lacrimal (con contribución do nervio cigomaticofacial)
Circumcorneal Nervios ciliares longos

Histoloxía[editar | editar a fonte]

A conxuntiva consta tanto de epitelio escamoso estratificado non queratinizado (na zona do limbo corneal) coma de epitelio columnar estratificado non queratinizado (noutras partes), con células caliciformes dispersas.[4] A capa epitelial contén vasos sanguíneos, tecidos fibrosos, e canais linfáticos.[4] Nalgunhas zonas presenta invaxinacións con células mucosas, que se interpretan como glándulas lacrimais accesorias da conxuntiva, que producen constantemente a porción acuosa das bágoas.[4] Outras células presentes no epitelio conxuntivo son melanocitos, linfocitos T e B.[4] A lámina propia da conxuntiva é de tecido conxuntivo denso.

Enfermidades e trastornos[editar | editar a fonte]

Os trastornos da conxuntiva e a córnea son trastornos oculares comúns.

A superficie do ollo está exposta a varias influencias externas e é especialmente susceptible a traumas, infeccións, irritacións químicas, reaccións alérxicas e sequidade ocular (queratoconxuntivite seca).

A conxuntiva pode inflamarse debido a unha infección ou unha resposta autoinmune. Isto denomínase conxuntivite.

A irritación conxuntiva pode ocorrer por diversas razóns, como a sequidade dos ollos ou a sobreexposción a compostos orgánicos volátiles.

A leptospirose (infección por Leptospira) pode causar sufusión conxuntiva, que se caracteriza por quemose (inchamento), e ollos avermellados sen exsudados.

Coa idade, a conxuntiva pode estirarse e afrouxarse da esclerótica subxacente, o que orixina a formación de pregamentos da conxuntiva, unha condición chamada conxuntivocalase.[5][6]

A conxuntiva pode ser afectada por tumores que poden ser benignos, pre-malignos ou malignos.[7]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. London Place Eye Center (2003). Conjunctivitis.
  2. Eye, human Encyclopaedia Britannica
  3. http://www.nda.ox.ac.uk/wfsa/html/u06/u06_b06.htm
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Goldman, Lee. Goldman's Cecil Medicine (24th ed. ed.). Philadelphia: Elsevier Saunders. p. 2426. ISBN 1437727883. 
  5. "Conjunctivochalasis - Medical Definition". Medilexicon.com. Consultado o 2012-11-13. 
  6. WL Hughes Conjunctivochalasis. American Journal of Ophthalmology 1942
  7. Biswas, J.; Varde, M. (2009). "Ocular surface tumors". Oman Journal of Ophthalmology 2: 1. doi:10.4103/0974-620X.48414. [1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Medicinenet.com (1999). Conjunctiva.
  • MedEd at Loyola medicine/pulmonar/images/anatomy/eyeli.jpg imaxe