Saltar ao contido

Wuchereria bancrofti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wuchereria bancrofti

Microfilaria de Wuchereria bancrofti,
extraída dun paciente de Haití
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Nematoda
Clase: Secernentea
Orde: Spirurida
Suborde: Spirurina
Familia: Onchocercidae
Xénero: Wuchereria
Seurat, 1921
Especie: W. bancrofti
Nome binomial
Wuchereria bancrofti
(Cobbold) Seurat, 1921

Wuchereria bancrofti é unha especie de verme nematodo da clase dos secernénteos, orde dos espirúridos, familia dos oncocércidos, a única incluída no xénero Wuchereria.

É é un parasito exclusivo dos humanos, cuxa presenza nos vasos linfáticos ocasiona unha filariose coñecida como filariose de Bancroft, que é a filariose linfática máis estendida e máis importante.

As súas formas larvarias chámanse microfilarias, e as adultas macrofilarias.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Tanto o xénero como a especie foron descritas en 1921 polo zoólogo e parsitólogo francés Léon Gaston Seurat.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Son vermes pequenos e brancos, translúcidos, con aspecto de finos fíos de catgut. Os machos miden 4 cm de lonxitude, e o extremo posterior está enrolado; as femias alcanza os 10 cm,e o seu diámetro é 1/400 da súa lonxitude. As larvas teñen 300 μm de longo e 8 μm de diámetro, o espazo cefálico é curto —de 4 μm— e o extremo caudal é cónico, sen protuberancias.[1]

  1. Golvan, Y.-J. (1983): Eléments de parasitologie médicale. París: Flammarion. ISBN 2-2571-2589-4, pp. 85 e 88-92.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.