Festival de Eurovisión Júnior 2015

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festival de Eurovisión Júnior 2015
#discover
Datas
Final 21 de novembro de 2015
Anfitrión
Lugar BulgariaSofía, Bulgaria
Presentador(es) Poli Genova
Supervisor executivo Vladislav Yakovlev
Televisión anfitrioa BNT
Participantes
Participantes 17
Países que debutan Irlanda Irlanda
Australia Australia
Países que retornan Albania
Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Países que se retiran Croacia Croacia
Suecia Suecia
Votacións
Sistema de votación Cada país da 1-8, 10 e 12 puntos ás cancións máis votadas. Tódolos participantes comezan con 12 puntos.
Canción gañadora Not My Soul de Destiny Chukunyere, Malta Malta
Festival de Eurovisión Júnior
◄2014 2016►

O XIII Festival de Eurovisión Júnior celebrouse o 21 de novembro de 2015 en Bulgaria, sendo a primeira vez que este país acolle un evento do festival de Eurovisión. Vladislav Yakovlev es desde 2013 o supervisor executivo do festival.

Ao igual que a pasada edición, non designouse unha cidade sede, senón que o anfitrión foi Bulgaria como país na súa totalidade.[1]

Para esta edición, houbo dous países debutantes (Australia e Irlanda), dous retornos (Albania e Macedonia) e tres retiradas (Croacia, Chipre e Suecia). Albania regresou ao festival tras unha ausencia de dous anos. Macedonia, un dos 16 países fundadores da versión júnior regresou tralo seu paréntese en 2014. Por outra banda, Croacia, país que regresou a pasada edición tras unha ausencia de sete anos (2007-2013) retirouse debido á crise económica que atravesa o país, ao igual que Chipre; e, por último, Suecia retirouse tras unha reestruturación da súa canle infantil.

Finalmente, Malta con Destiny Chukunyere e a súa canción "Not My Soul", alzouse coa vitoria do Festival 2015, obtendo 185 puntos e superando así a vitoria de España no 2004, que ata ese momento tiña a máxima puntuación con 171 puntos. Armenia, obtivo a segunda praza con Mika e a súa canción de rock and roll "Love". A medalla de bronce foi para Eslovenia coa balada R&B "Prva ljubezen", defendida por Lina Kuduzović, converténdose no mellor resultado do país na súa historia dentro do certame infantil e a súa versión adulta.[2]

Sede[editar | editar a fonte]

Como é a tradición o país gañador da edición anterior ten a primeira opción de acoller o festival do seguinte ano, neste caso Italia. Non obstante, o 15 de xaneiro de 2015, a UER comunicou mediante a web oficial do festival que a pesar de diversas negociacións e a vontade do país gañador do Festival de Eurovisión Júnior 2014, este non podería organizar o evento debido a cuestións económicas. Posteriormente, a UER e o Supervisor Executivo do Festival, Valdislav Yakovlev, informaron que estábase a negociar con outros dous países, estes serían Malta que xa acolleu o festival do 2014 e terminou en cuarta posición, e Bulgaria que foi subcampión da edición anterior.

Finalmente, o 26 de xaneiro de 2015, a televisión BNT de Bulgaria anunciou que o seu país acollería o festival, sendo a primeira vez que dita nación acolle un evento de Eurovisión.[3]

Países participantes[editar | editar a fonte]

O sorteo de posicións para a final tivo lugar durante a cerimonia de apertura celebrada o 17 de novembro de 2015 no Palacio Nacional da Cultura de Bulgaria. A orde de actuación final foi a seguinte:[4]

País Artista(s) Canción Lugar Puntos
01 Serbia Serbia Lena Stamenkovic "Lenina Pesma" 7 79
02 Xeorxia Xeorxia The Virus "Gabede" 10 51
03 Eslovenia Eslovenia Lina Kuduzovic "Prva Ljubezen" 3 112
04 Italia Italia Chiara & Martina "Viva" 16 34
05 Países Baixos Países Baixos Shalisa "Million Lights" 15 35
06 Australia Australia Bella Paige "My Girls" 8 64
07 Irlanda Irlanda Aimee Banks "Realta Na Mara" 12 36
08 Rusia Rusia Mikhail Smirnov "Dream" 6 80
09 Macedonia do Norte República de Macedonia Ivana Petkovska & Magdalena Alekovska "Pletenka - Braid of love" 17 26
10 Belarús Belarús Ruslan Aslanov "Volshebstvo" 4 105
11 Armenia Michael Varosyan "Love" 2 176
12 Ucraína Ucraína Anna Trincher "Pochny Z Sebe" 11 38
13 Bulgaria Bulgaria Gabriela Yordanova & Ivan Stoyanov "Colour of hope" 9 62
14 San Marino San Marino Kamilla Ismailova "Mirror" 14 36
15 Malta Malta Destiny Chukunyere "Not My Soul" 1 185
16 Albania Mishela Rapo "Dambaje" 5 93
17 Montenegro Montenegro Jana Mirkovic "Oluja" 13 36

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]