Ao igual que a pasada edición, non designouse unha cidade sede, senón que o anfitrión foi Bulgaria como país na súa totalidade.[1]
Para esta edición, houbo dous países debutantes (Australia e Irlanda), dous retornos (Albania e Macedonia) e tres retiradas (Croacia, Chipre e Suecia). Albania regresou ao festival tras unha ausencia de dous anos. Macedonia, un dos 16 países fundadores da versión júnior regresou tralo seu paréntese en 2014. Por outra banda, Croacia, país que regresou a pasada edición tras unha ausencia de sete anos (2007-2013) retirouse debido á crise económica que atravesa o país, ao igual que Chipre; e, por último, Suecia retirouse tras unha reestruturación da súa canle infantil.
Finalmente, Malta con Destiny Chukunyere e a súa canción "Not My Soul", alzouse coa vitoria do Festival 2015, obtendo 185 puntos e superando así a vitoria de España no 2004, que ata ese momento tiña a máxima puntuación con 171 puntos. Armenia, obtivo a segunda praza con Mika e a súa canción de rock and roll"Love". A medalla de bronce foi para Eslovenia coa balada R&B "Prva ljubezen", defendida por Lina Kuduzović, converténdose no mellor resultado do país na súa historia dentro do certame infantil e a súa versión adulta.[2]
Como é a tradición o país gañador da edición anterior ten a primeira opción de acoller o festival do seguinte ano, neste caso Italia. Non obstante, o 15 de xaneiro de 2015, a UER comunicou mediante a web oficial do festival que a pesar de diversas negociacións e a vontade do país gañador do Festival de Eurovisión Júnior 2014, este non podería organizar o evento debido a cuestións económicas.
Posteriormente, a UER e o Supervisor Executivo do Festival, Valdislav Yakovlev, informaron que estábase a negociar con outros dous países, estes serían Malta que xa acolleu o festival do 2014 e terminou en cuarta posición, e Bulgaria que foi subcampión da edición anterior.
Finalmente, o 26 de xaneiro de 2015, a televisión BNT de Bulgaria anunciou que o seu país acollería o festival, sendo a primeira vez que dita nación acolle un evento de Eurovisión.[3]