Destiny Chukunyere
Destiny Chukunyere M.Q.R. | |
---|---|
![]() | |
Alias | Birkirkara, Malta |
Data nacemento | 19 de xaneiro de 2002 (21 anos) |
Nado en | Birkirkara |
Ocupación | Cantante e estudante |
Xénero | Pop · Soul · R&B |
Instrumento(s) | Voz |
Tempo en activo | 2013 - actualidade |
Na rede | |
http://destiny.mt | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Destiny Chukunyere M.Q.R. é unha cantante maltesa. Ela gañou o Festival de Eurovisión Júnior 2015 en Sofía, Bulgaria.
Biografía[editar | editar a fonte]
Destiny naceu o 19 de xaneiro de 2002. Ela vive en Birkirkara e na actualidade estuda secundaria en Ħamrun. Ten ascendencia nixeriana-maltesa, o seu pai é o ex xogador de fútbol nixeriano Ndubisi Chukunyere mentres que a nai é maltesa.[1]
Destiny comezou a cantar á idade de nove anos. Antes da súa participación no Festival de Eurovisión Júnior, ela participou en varias competicións incluíndo o Festival Kanzunetta Indipendenza 2014 onde quedou terceira coa canción "Festa t'Ilwien" e gañou o Asterisk Music Festival e o SanRemo Júnior en Italia.
O 11 de xullo de 2015, Chukunyere gañou a final nacional maltesa no Mediterranean Conference Centre na Valeta. Ela representou a Malta no Festival de Eurovisión Júnior 2015, en Sofía, Bulgaria o 21 de novembro de 2015. Chukunyere gañou a final nacional coa canción de Aretha Franklin "Think". O 21 de novembro gañou o festival europeo coa canción "Not My Soul" con 185 puntos, rompendo o récord de puntos conseguido por España no Festival de Eurovisión Júnior 2004 con María Isabel e a súa canción "Antes muerta que sencilla".[2]
O 13 de decembro de 2015, Destiny foi condecorada coa Midalja għall-Qadi tar-Repubblika.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""Xħin rebħet binti, aġixxejt qisni rbaħt logħba futbol" - Ndubisi Chuckunyere". Newsbook (en maltés). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2015.
- ↑ "Breaking News: Congratulations, Malta!". UER. Consultado o 21 de novembro de 2015.
- ↑ "Junior Eurovision 2015 winning team feature in Republic Day honours". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de decembro de 2015.