España no Festival de Eurovisión Júnior
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| España | |
|---|---|
| Estación membro | TVE |
| Final nacional | Eurojunior |
| Aparicións | 4 |
| Primeira aparición | 2003 |
| Mellor resultado | |
| Final | 1º 2004 |
| Semifinal | |
| Peor resultado | |
| Final | 4º 2006 |
| Semifinal | |
| Ligazóns externas | |
| Páxina de España en JuniorEurovision.tv | |
España foi un dos países que debutou no Festival de Eurovisión Júnior 2003, e é o que mellor percorrido e posicións levou no certame, obtendo unha vitoria en 2004 coa artista María Isabel e a súa canción Antes muerta que sencilla, dous segundos postos e un cuarto posto como posición máis baixa. A pesar dos seus bos resultados, a RTVE decidiu en 2007 non volver participar no certame porque, segundo Javier Pons, ex-director de RTVE, "fomenta estereotipos que non compartimos" e tamén pola "explotación" á que se someten os nenos.
No Festival de Eurovisión Júnior 2011, coa intención de aumentar o número de participantes para asegurar a viabilidade do concurso, a UER negociou ata o último momento coas televisións de España, Italia e San Marino. Se ben a RTVE amosou certo interese en participar no certame, España non puido confirmar a súa participación a tempo, polo tanto non puido participar nel. Agardábase que España retornara ao festival en 2014 cunha canle de televisión privada non-membro da UER (Atresmedia ou Mediaset España), sendo esta participación baixo permiso especial do organismo europeo pero problemas burocráticos o impediron.
Participacións
[editar | editar a fonte]| Ano | Sede | Artista | Canción | Lugar | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|
| 2006 | Dani Fernández | Te doy mi voz | 4 | 90 | |
| 2005 | Antonio José | Te traigo flores | 2 | 146 | |
| 2004 | María Isabel | Antes muerta que sencilla | 1 | 171 | |
| 2003 | Sergio | Desde el cielo | 2 | 137 | |
Votacións
[editar | editar a fonte]España deu máis puntos a:
| Posición | País | Ptos. |
|---|---|---|
| 1 | 40 | |
| 2 | 26 | |
| 3 | 22 | |
| 4 | 20 | |
| 5 | 19 |
España recibiu máis puntos de:
| Posición | País | Ptos. |
|---|---|---|
| 1 | 40 | |
| 2 | 39 | |
| 3 | 35 | |
| 4 | 34 | |
| 5 | 33 |
12 puntos
[editar | editar a fonte]- España deu 12 puntos a:
| Ano | País |
|---|---|
| 2003 | |
| 2004 | |
| 2005 | |
| 2006 | |