Poli Genova
Genova representando a Bulgaria no Festival da Canción de Eurovisión 2016. | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Poli Plamenova Genova 10 de febreiro de 1987 (39 anos) |
| Actividade | |
| Ocupación | Cantante |
| Período de actividade | 1991 |
| Xénero artístico | Pop |
| Tesitura | Soprano |
| Instrumento | Clarinete e voz |
| Participou en | |
| 14 de maio de 2016 | Festival de Eurovisión 2016 (4ª) |
| 12 de maio de 2011 | Festival de Eurovisión 2011 |
Poli Genova (en búlgaro, Поли Генова), nada en Sofía o 10 de febreiro de 1987, é unha cantante búlgara.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou clarinete na escola Ljubomir Pipkov e representou ao seu país en Eurovisión 2011 coa canción Na inat (На инат), que significa "Por capricho".[1]
Desde 2011, é xuíza do programa X Factor. Tamén no mesmo ano, fixo a dobraxe en búlgaro de Pitufiña na película Os Pitufos.
En 2013, participou no reality show Academia de música (Музикална академия) alcanzando un grande éxito e ademais gañando o concurso.
En 2015, foi a presentadora do Festival da Canción de Eurovisión Júnior 2015. Ese mesmo ano, o 19 de febreiro, confirmouse que novamente representaría a Bulgaria en Eurovision 2016, que se celebrou en Estocolmo, Suecia coa canción "If Love Was A Crime" (en galego, Se o amor fose un crime), coa que logrou un grande éxito e conseguiu alzarse ao cuarto posto na Gran Final.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Busa, Alexandru (23 de febreiro de 2011). "Poli Genova to represent Bulgaria in Düsseldorf". ESCToday. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011.
- ↑ "Bulgaria: Poli Genova returns to Eurovision" (en inglés). Consultado o 19 de febreiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Poli Genova |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
| Predecesor: «Angel si ti» Miroslav Kostadinov |
Bulgaria no Festival de Eurovisión 2011 |
Sucesor: «Love unlimited» Sofi Marinova |
| Predecesor: |
Presentadores do Festival de Eurovisión Júnior 2015 |
Sucesor: |
| Predecesor: «Samo Shampioni» Elitsa Todorova Stoyan Yankoulov |
Bulgaria no Festival de Eurovisión 2016 |
Sucesor: «Beautiful Mess» Kristian Kostov |