Fedora (GNU/Linux)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Fedora Core")
Fedora
Fedora logo
Fedora 25 con GNOME 3.22.2
Desenvolvedor Proxecto Fedora
Familia de S.O. Linux
Lanzamento 6 de novembro 2003
En galego Si
Espazo de usuario GNOME(predefinida)
Modelo de desenvolvemento Software libre
Núcleo Linux
Tipo de núcleo Monolítico
Licenza Múltiples licenzas libres (GPLv2, GPLv3, LGPLv2, LGPLv3, BSD) e algúns engadidos privativos.[1]
Última versión estable 26[2] 11 de xullo de 2017
Estado actual En desenvolvemento
Sitio web fedoraproject.org

Fedora (previamente Fedora Core) é unha distribución GNU/Linux desenvolvida pola comunidade do proxecto Fedora[3][4] e promovida pola compañía estadounidense Red Hat[5]. O desenvolvemento de Fedora e as aplicacións que distribúe aséntanse nas licenzas libres. Pretende ser unha distribución á vangarda na introdución de novas versións e aplicacións e na innovación.[6][7]

Estímase que no 2016 Fedora tiña 1.2 millóns de usuarios,[8] entre os cales se atopa o creador do núcleo de Linux Linus Torvalds.[9][10]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Orixinalmente, Red Hat Linux foi desenvolto exclusivamente dentro de Red Hat, coa súa realimentación de informes de usuarios que recuperaban erros e contribucións aos paquetes de software incluídos e non contribucións á distribución como tal. Isto cambiou o 22 de setembro de 2003, cando Red Hat Linux derivouse dando orixe ao Proxecto Fedora, que está orientado á comunidade de usuarios e así mesmo, serve de base para que Red Hat Enterprise Linux se desenvolva con máis efectividade e adopte as novas características que se engaden no Proxecto Fedora. Os enxeñeiros de Red Hat continúan participando na construción e desenvolvemento de Fedora.[4][5]

Edicións e versións[editar | editar a fonte]

Rawhide e Branched: a versión continua e as estables[editar | editar a fonte]

No desenvolvemento de Fedora hai dúas fases de lanzamentos: Rawhide e Branched.[11] A primeira é unha unha versión de actualización continuas e a segunda son lanzamentos periódicos de Fedora.

Rawhide[12] é a póla de desenvolvemento de Fedora. Libérase como unha copia completa da distribución. Nela engádense e próbanse os novos cambios e engadidos antes de que sexan enviados ás versións estables. Rawhide soe ter máis cambios, ou novas implementacións, que a versión estable da distribución. Pódese empregar como sistema operativo principal do día a día, mais esta versión continua está dirixida aos usuarios avanzados, ás probas ou a aqueles que manteñen paquetes de software. Rawhide sóese actualizar día a día e a ser usada para resolver incidencias.[13] Ao ser unha versión con actualización continuas, ou "rolling release", non se precisa anovar a distribución senón ir actualizándoa continuamente.[14][15]

A fase de desenvolvemento Branched é unha fase previa ao lanzamento dunha nova versión. Unha copia de rawhide sepárase do desenvolvemento e comézase, chámaselle lanzamento e compróbase a súa estabilidade. Na fase de probas as versións de branches vanse denominando "alpha", "beta" a "GA (Final). Cando se corrixen os erros dese póla de branched, publícase como unha nova versión de Fedora. Así, a última versión, que saíu en xuño de 2017 despois de comprobar e estabilizar branched, é Fedora 26.

O soporte destas versións é curto. O ciclo de lanzamento de versións está en 6 meses e o soporte das versión de Fedora son de arredor de 13 meses, que son só unha versión entre as dúas.[16] Porén, é posible anovar Fedora á seguinte versión sen precisar dunha reinstalación.

Versión (Nóme de desenvolvemento)[17] Lanzamento[17] Fin do soporte[18] Núcleo [19][20] GNOME[19]
1 (Yarrow) 05/11/2003 20/09/2004 2.4.22 2.4
2 (Tettnang) 18/05/2004 11/04/2005 2.6.5 2.6
3 (Heidelberg) 08/11/2004 16/01/2006 2.6.9 2.8
4 (Stentz) 13/06/2005 07/08/2006 2.6.11 2.10
5 (Bordeaux) 20/03/2006 02/07/2007 2.6.15 2.14
6 (Zod) 24/10/2006 07/12/2007 2.6.18 2.16
7 (Moonshine) 31/05/2007 13/06/2008 2.6.21 2.18
8 (Werewolf) 08/11/2007 07/01/2009 2.6.23 2.20
9 (Sulphur) 13/05/2008 10/07/2009 2.6.25 2.22
10 (Cambridge) 25/11/2008 18/12/2009 2.6.27 2.24
11 (Leonidas) 09/06/2009 25/06/2010 2.6.29 2.26
12 (Constantine) 17/11/2009 02/11/2010 2.6.31 2.28
13 (Goddard) 25/05/2010 24/06/2011 2.6.33 2.30
14 (Laughlin) 02/11/2010 08/12/2011 2.6.35 2.32
15 (Lovelock) 24/05/2011 26/06/2012 2.6.38 3.0
16 (Verne) 08/11/2011 12/02/2013 3.1 3.2
17 (Beefy Miracle) 29/05/2012 30/07/2013 3.3 3.4
18 (Spherical Cow) 15/01/2013 14/01/2014 3.6 3.6
19 (Schrödinger's Cat) 02/07/2013 06/01/2015 3.9 3.8
20 (Heisenbug) 17/12/2013 23/06/2015 3.11 3.10
21 09/12/2014[21] 01/12/2015 3.17 3.14
22 26/05/2015 19/07/2016 4.0 3.16
23 03/11/2015 20/12/2016 4.2 3.18
24 21/06/2016 08/07/2017 4.5 3.20
25 22/11/2016 4.8 3.22
26 27/06/2017[22] 4.11 3.24
27 24/10/2017[23]
Cor Lenda
Vermello Versión antiga xa sen soporte técnico
Amarelo Versión antiga aínda con soporte técnico
Verde Versión actual
Azul Próxima versión

Edicións[editar | editar a fonte]

As principais edicións de cada versión de Fedora son:

  • Fedora Workstation: é a edición máis editara para ser estable e amigable ao uso en portátiles e computadores de sobremesa. Conta con GNOME como o escritorio predefinido.[24]
  • Fedora Server: é o servidor de ciclo de uso curto mantido pola comunidade e cos últimos recursos liberados para a administración de servidores.[25]
  • Fedora Atomic: é a edición con reducido consumo de recursos do sistema e pensada para o uso de aplicacións "contedores", ou plataformas de virtualización (como Kubernetes, clusters Origin ou Docker)

Ademais conta con outras edicións máis especificas: Fedora Spins, Labs e ARM.

  • Fedora Spins[26]: xa que GNOME é o escritorio predefinido de Fedora, libéranse as seguintes edicións dos demais escritorios alternativas xa configurados:
    • KDE Plasma Desktop
    • XFCE Desktop
    • LXDE Desktop
    • MATE-Compiz Dektop
    • Cinnamon Desktop
    • Sugar on a Stick (SOAS) Desktop
  • Fedora Labs[27]: son as edicións para un uso específico, en edición completa de distribución ou como engadidos a unha instalación previa, en múltiples campos:
    • Astronomy, para a astronomía
    • Design Suite, para o deseño gráfico e multimedia
    • Games, para xogos e lecer
    • Jam, para a produción e reprodución musical
    • Robotics Suite, para a aplicación en robótica
    • Scientific, para o uso en investigación científica
    • Security Lab, para a análise e corrección de erros en sistemas operativos
  • Fedora ARM[28]: son versións pensadas en nos microprocesadores de ARM:
    • Servidores ARM de Fedora:
      • Fedora Servers
      • Fedora Minimal
    • Fedora para escritorio: imaxes para centros multimedia ARM, quioscos, portátiles ou outros dispositivos nos que se precise unha interface gráfica.
      • Fedora Workstation
      • KDE Plasma, XFCE, LXDE, MATE-Compiz, Cinnamon, Sugar on a Stick

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Frequently Asked Questions about Fedora Licensing". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  2. "Fedora 26 released". Fedora Magazine. 22 de novembro de 2016. Consultado o 24 de abril de 2016. 
  3. "fedoraproject.org". Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "History of Red Hat Linux. Fedora Project.". Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  5. 5,0 5,1 "Linux Platform. What is the relationship between Fedora and Red Hat Enterprise Linux?". Consultado o 1 de agosto de 2017. 
  6. Spevack, Max (18 de agosto de 2006). "Fedora Project Leader Max Spevack Responds". Slashdot. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  7. "Objectives". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  8. Hoffman, Chris (26 de febreiro de 2016). "Fedora project leader Matthew Miller reveals what's in store for Fedora in 2016". PC World. International Data Group. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  9. "Interview with Linus Torvalds from Linux Format 163". TuxRadar. Linux Format. 29 de novembro de 2012. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  10. Torvalds, Linus (30 de decembro de 2014). "The merge window being over, and things being calm made me think I should try upgrading to F21". Google+. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  11. Fedora Releases
  12. "Releases/Rawhide". Fedora Project.
  13. "Releases/Rawhide". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  14. "FedUp". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  15. "Fedora 23 Release Notes: 3.2.4. System Upgrades with DNF". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  16. "Fedora Release Life Cycle". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016. 
  17. 17,0 17,1 "Releases/HistoricalSchedules". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  18. "End of life". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  19. 19,0 19,1 "Fedora". DistroWatch. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  20. "KernelRebases". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  21. Boyer, Josh (2 October 2013). "Release Name process ended". Fedora community advisory board mailing list. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  22. "Releases/26/Schedule". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  23. "Releases/27/Schedule". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017. 
  24. Fedora Workstation
  25. Fedora Server
  26. Fedora Spins
  27. Fedora Labs
  28. ARM Fedora