Saltar ao contido

Microprocesador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un microprocesador é unha Unidade Central de Procesamento (CPU), composta de transistores miniaturizados e outros elementos circuitais, todo incluído nun único circuíto integrado, tamén chamado microchip ou chip.

Ata que os microprocesadores chegaron, as CPUs estaban constituídas por válvulas de baleiro, que primeiro se substituíron por transistores individuais e logo por varios circuítos integrados separados.

Entre 1968 e 1970 foi deseñado o Central Air Data Computer, un sistema integrado de control de voo. Este sistema empregaba un chipset denominado MP944, que se converteu no primeiro microprocesador da historia.

En 1971, tres enxeñeiros da empresa Intel Corporation crearon o Intel 4004, deseñado para a fabricación de calculadoras de pequenas dimensións. O primeiro microprocesador en saír ao mercado foi o Intel 8008 en 1972, que foi o que comezou unha familia de microprocesadores, entre as que está o Intel 8088, o microprocesador empregado nos IBM PC.

O Intel 8086 foi un dos primeiros de 16 bits e o primeiro axeitado para a multitarefa dos contornas gráficas de Windows e IBM OS/2.

Fabricantes

[editar | editar a fonte]

Na actualidade os procesadores máis frecuentes nos ordenadores domésticos son das compañías Intel (Pentium, Celeron, Itanium, Xeon); AMD (Opteron, Athlon, Turion); Via (VIA C7, VIA Eden-N, VIA Eden ESP, VIA C3-N, VIA C3) e IBM nos Macs actuais (Power PC G4 e G5). Outras compañías son Transmeta, Zilog e Motorola...