Linus Torvalds

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linus Benedict Torvalds
LinuxCon Europe Linus Torvalds 03 (cropped).jpg
Datos persoais
Linus Benedict Torvalds
Nacemento 28 de decembro de 1969
Lugar Helsinqui, Finlandia
Residencia Dunthorpe, Oregón, Estados Unidos[1]
Nacionalidade Finlandés (natural dos Estados Unidos desde 2010)
Etnia Sueco-Finlandeses
Cónxuxe Tove Torvalds
Fillos Patricia Miranda Torvalds, Daniela Yolanda Torvalds e Celeste Amanda Torvalds
Actividade
Campo Ciencias da computación
Alma máter Universidade de Helsinki (M.S.)[2]
Contribucións e premios
Coñecido por kernel de Linux e Linux, Git, Subsurface
Premios Premio «IEEE Computer Pioneer», «Millennium Technology Prize», Premio «Pioneiro EFF», entre outros.
Linus Torvalds (2002)

Linus Benedict Torvalds, nado en Helsinqui o 28 de decembro de 1969, é un informático finés que comezou o desenvolvemento de Linux, un kernel, e hoxe fai de coordinador do proxecto. Inspirándose no sistema operativo Minix, desenvolto por Andrew S. Tanenbaum para aprenderlle ós seus alumnos como funcionaba un sistema operativo, sentiu a necesidade dun sistema operativo de tipo UNIX capaz de executarse no seu PC. Torvalds fixo o desenvolvemento orixinal do kernel Linux no seu propio equipo durante o seu tempo libre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais tomaron o seu nome de Linus Pauling. O seu avó, un matemático e estatístico da Universidade mercou un dos primeiros microordenadores Commodore en 1980 e pediulle axuda para o usar.

En 1988 Linus foi admitido na Universidade de Helsinqui. Ese mesmo ano Andy Tannenbaum sacou á luz o sistema operativo Minix. Dous anos despois, en 1990, Torvalds comezou a aprender a linguaxe de programación C na súa universidade. A finais dos anos 80 tomou contacto cos computadores IBM PC e en 1991 adquiriu un ordenador con procesador modelo 80386 de Intel.

Á idade de 21 anos, con 5 anos de experiencia programando (un en C), xa coñecía o bastante do sistema operativo Minix como para lle tomar algunhas ideas prestadas e encetar un proxecto persoal. Baseándose en Design of the Unix Operating System, publicado por Maurice J. Bach en 1986, e modificando gradualmente o Kernel de Minix, creou unha adaptación que executaba programas informáticos creados polo proxecto GNU, pero sobre unha arquitectura de ordenadores compatibles, IBM/PC.

Este proxecto persoal desembocou o 5 de outubro de 1991 co anuncio [3] da primeira versión de Linux capaz de executar BASH (Bourne Again Shell) e o compilador coñecido como GCC (GNU Compiler Collection).

En xaneiro de 1992 adoptouse a Licenza Pública Xeral (GPL) para Linux. Esta engade liberdades de uso a Linux totalmente opostas ás do software privativo, permitindo a súa modificación, redistribución, copia e uso ilimitado. Este modelo de licenciamento facilita o que é coñecido como o modelo de desenvolvemento de bazar, que deu estabilidade e funcionalidade sen precedentes a este.

Linus Torvalds na Linuxworld 2000 en Nova York.

En 1997 Linus Torvalds recibe os premios 1997 Nokia Foundation Award de Nokia e Lifetime Achievement Award at Uniforum Pictures. Ese mesmo ano finaliza os estudos superiores (1988 - 1997) tras unha década como estudante e investigador na Universidade de Helsinqui, coordinando o desenvolvemento do núcleo do S.Ou. dende 1992.

Agora Torvalds traballa en Silicon Valley, California, (EUA). Só o 2% de Linux foi creado por el inicialmente nos anos 90, pero na súa persoa segue descansando a supervisión do desenvolvemento deste núcleo do sistema operativo.

Torvalds posúe a marca rexistrada "Linux" e supervisa [4] o uso (ou abuso) da marca a través da organización sen fins de lucro Linux International.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rogoway, Mike (7 de xuño de 2005). "Linus Torvalds, Incognito Inventor". The Oregonian. Arquivado dende o orixinal o 2009-05-23. Consultado o 7 de xaneiro de 2017. «É unha sorte de anti-celebridade, a fama élle sinxelamente ambivalente e está contento de estar apretado nunha casa dunha barriada chea de casas de millóns de dólares que está nos montes de Dunthorpe» 
  2. "Linus Torvalds 2008 Fellow". 
  3. Free minix-like kernel sources for 386-AT, de Linus Benedict Torvalds (5 de outubro, 1991)
  4. Linus Explains Linux Trademark Issues de CmdrTaco, Slashdot (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]