Saltar ao contido

Faballón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Chámase faballón, fabón[2], faba loba ou fabaca á especie Vicia faba, planta herbácea, anual, rubideira, de caules semierectos, que dá o seu nome á familia das fabáceas, da cal é a especie tipo, e tamén se denominan así as súas sementes, comestíbeis.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

A planta do faballón é recta e ergueita, con talos fortes de até 1,6 m de altura, grosos, angulosos e lampiños.
As follas son alternas, paripinnadas e compostas, con 1.3 pares de folíolos grandes, ovalados, non rematados en gabiáns.
As flores preséntanse en acios de 2 a 8, soibre un pedúnculo común curto, con pétalos brancos manchados de violeta, púrpura ou negro.[3]

Faballóns na vaíña abrta.

O froito é un legume de vaíña alongada, grande (de entre os 10 e os 30 cm de lonxitude), suculento e pubescente, ergueito, mouro na madurez. Dentro da vaíña dispóñense as sementes, de 2 a 6, grandes. ovaladas, deprimidas,[3] e dispostas formando unha ringleira, de cor verde amarelada, e cun peso dun ou dous gramos.

Como no caso doutras fabáceas, teñen a propiedade de fixar nitróxeno no solo. Sobre un 80 % del é consumido pola propia planta, e o 20 % restante mellora a fertilidade da terra, razón pola cal o seu cultivo é empregado en sistemas de rotación para fortalecer solos esgotados.

Subespecies e variedades

[editar | editar a fonte]

As principais subespecies e variedades cultivadas son:

  • Vicia faba var. minor
  • Vicia faba var. equina
  • Vicia faba var. major
  • Vicia faba subsp. faba L.
  • Vicia faba subsp. paucijuga (Alef.) Muratova

Orixinario da conca mediterránea, hoxe cultívase en todo o mundo.

O faballón desenvólvese ben en case todos os tipos de solos.

Precisa abundante humidade e uns 700 mm anuais de choiva. Tolera as xeadas, polo que se pode adaptar ás condicións de montaña.

  1. Ilustración de Thomé, en Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885.
  2. 2,0 2,1 faballón' no dicionario da RAG.
  3. 3,0 3,1 Merino, 1905, p. 232.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Merino, Baltasar (1905): Flora descriptiva e ilustrada de Galicia. Santiago: Tipografía Galaica, Tomo I.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Vocabulario botánico. Universidade Santiago de Compostela