Rugby Parma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Crociati Rugby»)
Crociati Parma
NomeCrociati Parma Rugby FC
Fundación2010
SedeParma e Noceto, Italia Italia
Estadio(s)a) Stadio XX Aprile Moletolo en Parma
b) Nando Capra di Noceto en Noceto
Capacidadea) 43.122 espectadores
b) 3.600 espectadores espectadores
PresidenteItalia Marcello Bersellini
AdestradorItalia Francesco Mazzariol
Italia Andrea Sgorlon
CapitánEscocia Barry Irving
Liga(s)Super 10
Casa
Fóra
Na rede
http://www.rugbyparma.it www.rugbyparma.it

O Crociati Parma Rugby FC é un club de rugby das cidades de Parma e Noceto, Italia. Actualmente compite no Campionato di Eccellenza, a máxima categoría do rugby italiano e na Amlin Challenge Cup.

Historia[editar | editar a fonte]

O Crociati Parma foi fundado en xuño do 2010 pola fusión do Overmach Rugby Parma de do Noceto Rugby F.C.[1].

A fusión fíxose necesaria logo da formación do Aironi para competir na Magners League na tempada 2010-11. Os dous clubs colaboraron na formación do Aironi. Cos mellores xogadores e patrocinadores concentrados no Aironi, os clubs non podían ter o apoio económico suficiente para competir individualmente contra equipos profeionais. Tamén pola creación do Aironi se viron envoltos no mesmo proceso de fusión o Gran Parma, o Rugby Viadana]] e o Ruby Colorno, que en xuño do 2010 se fusionaron para dar lugar ao outro equipo da cidade de Parma, o GranDucato Parma Rugby foi formado pola fusión de Gran Parma, Rugby Viadana e Rugby Colorno.

O Rugby Parma segue a manter as súas categorías inferiores independentes do Crociati ata os sub-20. Os xogadores de maior proxección serán incorporados á disciplina do Crociati cando teñan idade e posteriormente á disciplina do Aironi e á selección italiana.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tódolos títulos do club foron conseguidos polo Rugby Parma F.C. 1931 antes da fusión que deu lugar ao Crociati.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]