Club Sportif Bourgoin-Jallieu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CS Bourgoin-Jallieu
NomeClub Sportif Bourgoin-Jallieu
Alcume(s)CSBJ ciels et grenats
Fundación1906
SedeBourgoin-Jallieu, Francia
Estadio(s)Stade Pierre Rajon
Capacidade9.441 espectadores
PresidenteGaston Maulin
AdestradorÉric Catinot
Liga(s)Fédérale 1
2017–18
Casa
Fóra
Na rede
http://www.csbj-rugby.fr/accueil.php
Facebook: CsbjRugby Instagram: csbj_rugby_officiel LinkedIn: csbjrugby Editar o valor em Wikidata

O Club Sportif Bourgoin-Jallieu Rugby, ou CS Bourgoin-Jallieu, é un club de rugby francés da vila homónima, que compite na Fédérale 1, a terceira categoría do rugby francés. A súa mellor tempada foi a 1996/97, na que foi subcampión do Top 14 e campión da Challenge Cup. O club está ausente da máxima categoría do rugby francés dende a tempada 2010/11.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1906 co nome de Club Sportif Bergusien; bergusiens é o antropónimo de Bourgoin. Durante o período de entreguerras, o club xogará na segunda división do rugby francés (nomeada Honneur, Excellence A ou Deuxième Division segundo a época). A partir de 1949, o CSBJ vai manterse sistematicamente na segunda división. En 1956 troca o seu nome polo nome actual de Club Sportif Bourgoin-Jallieu.

En 1965, o Bourgoin acada o seu primeiro título de importancia, o Campionato d'Excellence ao derrotar por 14-6 ao Beaumont-de-Lomagne na final de Aviñón, coseguindo competir por primeira vez na primeira división (chamada Nationale). Os 12 anos seguintes o club estará descendendo e ascendendo de categoría: descende en 1968, ascende en 1971, descende novamente en 1972, ascende novamente en 1973 e un novo descenso chega en 1979. Logo do último ascenso en 1981, o club non volve descender.

Grazas ás boas xeracións de xoves deportistas, o CSBJ conseguiu xeralmente boas clasificacións no campionato, mais sen gañalo en ningunha ocasión. Logo dunha primeira semifinal de campionato en 1995, perdida fronte ao Stade Toulousain, o equipo de Bourgoin-Jallieu chega á final en 1997, que perderá fronte ao Tolosa. Aquel ano será o mellor momento do club, xa que se alzará como campión da European Challenge Cup,a «segunda» competición de rugby de Europa, gañando ao Castres. Ese mesmo ano tamén xogou a final do Challenge Yves du Manoir. En 1999, o club xogou novamente unha final do Yves du Manoir perdéndoa contra o Stade Français. Durante os seguintes anos, o CSBJ xogou dúas semifinais máis desta competición en 2004 e en 2005.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Top 14[editar | editar a fonte]

Bourgoin disputou unha final da liga francesa en 1997. Tamén disputou as semifinais en 1995, 1999, 2004 e 2005.[1]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
31 de maio de 1997 Stade Toulousain CS Bourgoin 12 - 6 Parc des Princes, París 44.000

Challenge Cup[editar | editar a fonte]

Bourgoin disputou tres finais da segunda competición continental, gañando unha delas en 1997[2] e perdendo as outras dúas.

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
26 de xaneiro de 1997 CS Bourgoin-Jallieu Castres Olympique 18 - 9 Stade de la Méditerranée, Béziers 10.000
27 de febreiro de 1999 AS Montferrand CS Bourgoin-Jallieu 35 - 16 Stade de Gerland, Lión 31.986
22 de maio de 2009 Northampton Saints CS Bourgoin-Jallieu 15 - 3 [3] The Stoop, Twickenham 9.260

Challenge Yves du Manoir[editar | editar a fonte]

Ano Campión Puntuación Subcampión
1997 Section Paloise 13-11 CS Bourgoin-Jallieu
1999 Stade Français Paris 27-19 CS Bourgoin-Jallieu
2003 (marzo) Stade Rochelais 22-20 CS Bourgoin-Jallieu
2003 (novembro) Castres Olympique 27-26 CS Bourgoin-Jallieu

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]