Aviron Bayonnais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviron Bayonnais
NomeAviron Bayonnais Rugby Pro
UniónFédération Française de Rugby
Fundación1904; hai 120 anos
SedeFrancia Baiona, Francia
Estadio(s)Stade Jean-Dauger
Capacidade16.934 espectadores
PresidentePhilippe Tayeb
AdestradorYannick Bru
CapitánAntoine Battut
Liga(s)Top 14
2018−193º (Pro D2, ascenso no play-off)
Casa
Fóra
Na rede
https://www.abrugby.fr/
Facebook: avironbayonnaisrugbypro Twitter: avironrugbypro Instagram: avironrugbypro Youtube: UChLvJkpVlJ5gzRwuP0oecOw Editar o valor em Wikidata

O Aviron Bayonnais (en éuscaro: Baionako Arrauna) é un equipo profesional de rugby francés con sede na localidade de Baiona (Pireneos Atlánticos, Nova Aquitania). Actualmente compite no Top 14, a máxima categoría do rugby francés. O equipo, fundado en 1904, xoga os seus xogos como local no Stade Jean-Dauger, recinto con capacidade para 16.934 espectadores. Entre o palmarés do Aviron Bayonnais destacan os tres títulos de liga conseguidos en 1913, 1934 e 1943. A súa mascota é unha pottoka, tipo de poni que habita a Cordilleira Cantábrica e os Pireneos. O equipo mantén unha forte rivalidade cos seus veciños do Biarritz Olympique, sendo esta unha das máis antigas de Francia.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1904, xogando a súa primeira final en 1913, perdendo fronte ao S.C.U.F. por 31 a 8 no Stade Yves-du-Manoir. A liga nacional foi remplazada pola Coupe de l'Espérance durante a primeira guerra mundial. A competición foi xogada durante catro tempadas, nas que o Aviron Bayonnais chegou á última final, perdendo por 4 a 3.

Cando a competición francesa volveu ser xogada, o club chegou ata a final en 1922, na que se atopou co Stade Toulousain. O Aviron Bayonnais perdeu a final por 6-0. Os dous clubs encontraríanse novamente na final a seguinte tempada, na que Toulouse gañou novamente, desta vez por 3-0.

O Aviron Bayonnais acadou os seus maiores éxitos a mediados dos anos '30, gañando a Biarritz 13-8 en Tolosa para gañar o seu segundo campionato, e primeiro dende 1913. Tamén gañaron o Challenge Yves du Manoir en 1936, derrotando ao USA Perpignan na final. O club tivo uns resultados similares a mediados dos '40, chegando a dúas finais, gañando ao SU Agen en 1943 no Parc des Princes en París e perdendo en 1944 fronte ao Perpignan.

Dende os anos '40, o club non acadou máis éxitos ata os anos '80, cando chegaron novamente á final do campionato francés. En 1980 gañaron o Challenge Yves du Manoir, derrotando ao AS Béziers 16 a 10 para gañar o seu segundo título nesta competición. No campionato francés acadaron a súa última final en 1982, caendo derrotados polo SU Agen 18 a 9.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Resultados das finais[editar | editar a fonte]

French championship[editar | editar a fonte]

Data Campión Finalista Resultado Estadio Espectadores
20 de abril de 1913 Aviron Bayonnais S.C.U.F. 31-8 Stade Yves-du-Manoir, Colombes 20.000
23 de abril de 1922 Stade Toulousain Aviron Bayonnais 6-0 Route du Médoc, Le Bouscat 20.000
13 de maio de 1923 Stade Toulousain Aviron Bayonnais 3-0 Stade Yves-du-Manoir, Colombes 15.000
13 de maio de 1934 Aviron Bayonnais Biarritz Olympique 13-8 Stade des Ponts Jumeaux, Tolosa 18.000
21 de marzo de 1943 Aviron Bayonnais SU Agen 3-0 Parc des Princes, París 28.000
26 de marzo de 1944 USA Perpignan Aviron Bayonnais 20-5 Parc des Princes, París 35.000
29 de maio de 1982 SU Agen Aviron Bayonnais 18-9 Parc des Princes, París 41.165

Challenge Yves du Manoir[editar | editar a fonte]

Ano Campión Resultado Finalista
1936 Aviron Bayonnais 9-3 USA Perpignan
1980 Aviron Bayonnais 16-10 AS Béziers

Coupe de l'Espérance[editar | editar a fonte]

Data Campión Resultado Finalista
1919 Stadoceste Tarbais 4-3 Aviron Bayonnais

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]