Eugène Viollet-le-Duc
Eugène-Emmanuel Viollet-le-Duc nado en París o 27 de xaneiro de 1814 e finado en Lausana o 17 de setembro de 1879, foi un arquitecto, arqueólogo e escritor francés. Defendeu o uso dunha metodoloxía racional no estudo dos estilos do pasado, contraposta ó historicismo romántico. As súas teorías exerceron unha grande influencia en artistas posteriores, como Guimard, Gaudí, Horta ou Vilaseca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido no seo dunha familia da alta burguesía, dende moi novo interesouse pola Arquitectura da Idade Media e aínda que foi discípulo de Achille Leclère, rexeitou ingresar na escola de Belas Artes para converterse en autodidacta percorrendo Francia e Italia.
Teoría da restauración
[editar | editar a fonte]Na súa teoría defende que o restaurador debe poñerse no lugar do arquitecto-creador primitivo, entendendo o espírito da obra e aplicalo á reconstrución da mesma. Trata de volver ó edificio a súa forma orixinal (forma prístina), ou como el entende que debeu ser, posto que afirma que a partir das partes que aínda existen é posible reconstruír o total, por pura coherencia do estilo.
As súas intervencións sobre diversos monumentos franceses caracterizáronse sempre pola primacía do estilo gótico, considerado por Viollet superior dende o punto de vista técnico e estético.
A chamada unidade de estilo buscaba resaltar os aspectos medievais do edificio tratado, isto obrigaba a eliminar ou alterar os elementos "inferiores" ou secundarios engadidos con posterioridade nos momentos renacentista, barroco ou neoclásico. En certas ocasións as intervencións de Viollet provocaron a desaparición de interesantes engadidos de gran calidade e valor histórico artístico, causando a ruptura do proceso vital da obra artística.
Viollet-le-Duc é unha figura oposta, no tocante as ideas, a John Ruskin que defende a conservación fronte á restauración.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]Restauracións
[editar | editar a fonte]- Santa María Magdalena de Vezelay.
- Catedral de Amiens.
- Abadía de Saint Denis de París.
- Catedral de Lausana.
- Catedral de San Sernin de Tolosa, Francia.
- Catedral de Notre-Dame de París.
- Sainte Chapelle.
- San Luis de Poissy.
- Semur.
- San Miguel de Carcassonne.
- Casa do concello de San Antonio.
- Casa do concello de Narbona.
- Castelo de Pierrefonds.
- Fortificacións de Carcasona.
- Castelo de Coucy.
- Castelo de Roquetaillade.
Escritos
[editar | editar a fonte]- Dictionnaire de l'architecture française du XIe au XVIe siècle (1854-68).
- Dictionnaire raisonné du mobilier français de l'époque Carolingienne à la Renaissance (1858-75).
- L'Architecture militaire au moyen Âge (1854).
- Entretiens sur l'architecture (1863-72).
- Cités et mines américaines (1863).
- Mémoire sur la défense de Paris (1871).
- Habitations modernes (1874- 77).
- Histoire d'une maison (1873).
- Histoire d'une forteresse (1874).
- Histoire de l'habitation humaine (1875).
- Le Massif du Mont Blanc (1876).
- L'Art russe (1877).
- Histoire d'un hotel-de-ville et d'une cathédrale (1878.)
- La Décoration appliquée aux édifices (1879).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugène Viollet-le-Duc |