Ettore Chimeri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEttore Chimeri
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1921 Editar o valor em Wikidata
Lodi, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1960 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de carreiras , piloto de automobilismo , aviador , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Ettore Muro Chimeri nado en Lodi, Lombardía, preto de Milán, Italia o 4 de xuño de 1921 e finado en La Habana o 27 de febreiro de 1960 foi un piloto de carreiras de Venezuela.

Historia[editar | editar a fonte]

Naceu en Lodi, cidade lombarda do entón Reino de Italia. Ao parecer, serviu no Escuadrón 73 da Aeronáutica Real Italiana durante a campaña de África do Norte na segunda guerra mundial. Aínda moi novo, migra coa familia a Venezuela, país onde se formou deportivamente e ao cal, logo de obtida a cidadanía, representou en competencias internacionais. Converteuse así no primeiro piloto venezolano en competir na Fórmula 1.[1]

Competiu no primeiro Gran Premio de Venezuela de autos deportivos, carreira disputada no circuíto de Los Próceres (Caracas) en 1955, a bordo dun Ferrari 500 Mondiale. Tivo que abandonar a metade do percorrido por problemas mecánicos e como dato anecdótico, o vencedor foi o entón tricampeón mundial de F1, o arxentino Juan Manuel Fangio. O lendario Maserati 250F co cal Fangio coroouse campión en 1957 foi o mesmo que Chimeri, quen o adquiriu por 7000 bolívares, utilizou máis tarde no seu curto paso pola Fórmula 1, participando no Gran Premio da Arxentina de 1960. Debido ás altas temperaturas presentes no Autódromo "17 de Octubre" da capital arxentina, non chegou a terminar a carreira por deshidratación.

Tan só 3 semanas despois, durante as probas para o Gran Premio Libertad, válido para a categoría autosport na base militar Campamento Libertad, en La Habana, o seu Ferrari 250 TR embistíu as defensas de seguridade e logo caeu por un precipicio de 40 metros de altura. Incriblemente, logo do accidente, Chimeri seguía con vida. Foi transportado en helicóptero a un hospital, onde morreu máis tarde por mor dos múltiples traumatismos.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1959 Ettore Chimeri Maserati 250F Maserati 6 en liña MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA
NCG
NC 0
1960 Ettore Chimeri Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX
Ret
MON 500 NED BEL FRA GBR POR ITA USA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pastor Maldonado, terceiro venezolano na historia da Fórmula Un - Libertad Digital, edición do 2 de decembro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]