Estadio Olímpico de Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Olímpico
"Олімпійський"
Swedish fans - Euro 2012.jpg
Ucraína Complexo Olímpico Nacional de Deportes
EstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svg
Datos
Localización Kiev, Ucraína
Outros nomes Véxase: nomes previos.
Construción
Inauguración 12 de agosto de 1923
Renovación 1941, 1999, 2011
Ampliación 1966, 1978
Arquitecto L.V.Pilvinsky (1923)
Mykhailo Hrechyna (1936-41)
Gerkan, Marg & Partner (2008-11)
Custo 500-550 millóns de dólares
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 68 m
Capacidade 70.050
Propietario Emp. de Centros Deportivos
Localía Selección de fútbol de Ucraína
Eventos

O Complexo Olímpico Nacional de Deportes (tamén coñecido como Estadio Olímpico, Estadio Republicano ou Estadio Central, en ucraíno: Національний спортивний комплекс "Олімпійський", Natsional’nyĭ sportyvnyĭ kompleks "Olimpiys'kyĭ") é unha instalación polideportiva en Kiev, capital de Ucraína, situada na ladeira do céntrico outeiro de Cherepanov, no raion de Pechersk. O estadio é a principal instalación deportiva do país e unha das maiores do mundo. A parte do estadio, o complexo conta tamén con outras instalacións deportivas, deseñadas para organizar Xogos Olímpicos. O estadio albergará o partido final da Eurocopa 2012.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes do Estadio Vermello[editar | editar a fonte]

A idea de construción dun estadio xurdiu no ano 1914,[1] pero foi abandonada debido á Primeira Guerra Mundial e a Revolución rusa. Co nacemento da Unión Soviética xurdiu o proxecto de construción do Estadio Vermello, que foi inaugurado o 12 de agosto de 1923 e cambiou de nome a Leon Trotsky para as primeiras Olimpíadas da Rexión de Kiev. O deseño do estadio foi traballo do enxeñeiro L.V. Pilvinskiy, que usou as pendentes do outeiro Cherepanov para construír as bancadas sur e leste, mentres que para as do norte e o oeste utilizáronse cascallos de edificios derrubados.

En 1924 terminouse de implantar un terreo de xogo cunhas dimensións de 120x70 metros con orientación oeste-este e instalouse unha pista de atletismo que rodeaba o céspede. Tamén se construíron os vestiarios e os aseos, nunha obra que levou a cabo grazas, en parte, ao político húngaro Lajos Gavro, que nese momento era Comisario Militar da Provincia de Kiev. Aínda nese mesmo ano, o nome de Trotski foi eliminado da denominación do estadio.

O Estadio Vermello era o epicentro da actividade deportiva de Kiev e celebraba, principalmente e nos seus primeiros anos, competicións de atletismo. Tamén era o principal estadio de fútbol da cidade e os campionatos de Kiev tiveron lugar no Estadio Vermello antes de que se construíse o Estadio Dinamo. O primeiro partido internacional do Dinamo de Kiev celebrouse no Estadio Vermello ante un equipo de traballadores da Baixa Austria en 1929 e que finalizou con vitoria por tres goles a catro para os visitantes.

En 1934 Kiev converteuse en capital da República Socialista Soviética de Ucraína e someteuse a concurso a reconstrución do estadio, máis acorde ao status que a cidade ucraína acababa de obter. O gañador foi o arquitecto Mikhaylo Grechina, que cambiou de nome, tamén, do recinto a Estadio Republicano de Ucraína.

Estadio Republicano[editar | editar a fonte]

O estadio sufriu ampliacións o 22 de xuño de 1941, cando foi reinaugurado con 50 mil asentos e co nome de Stalin Respublikanskiy. Fortemente bombardeado pola Luftwaffe, a cerimonia de inauguración interrompeuse. Despois da vitoria dos aliados na Segunda Guerra Mundial, o estadio foi reconstruído a continuación da cerimonia de inauguración, ocorrida en 1948. O estadio foi rebautizado en 1953 como Nikita Khrushchev, en homenaxe ao líder soviético. A súa capacidade chegou aos 100.000 espectadores nos anos 1960.

Foi renovado en 1978 con ocasión dos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, sendo sede dalgúns partidos de fútbol no torneo. Despois da independencia de Ucraína, en 1991, o estadio pasou recibir o seu nome actual, aínda que aínda hoxe é coñecido como Respublykanskyi stadion (Estadio Republicano) ou Tsentralny (Central) , debido á estación de metro próxima ao estadio. En 1997-1999, para aterse ás normas de seguridade da FIFA, veu a súa capacidade reducida a 83.450 lugares. É usado especialmente polo Dinamo de Kiev e pola selección de fútbol de Ucraína.

O 18 de abril de 2007, Polonia e Ucraína foron escollidas para aloxar a Eurocopa 2012, sendo o Olímpico de Kiev a sede elixida para disputar a final. Para albergar o devandito acontecemento o estadio foi remodelado por completo e o seu aforamento reduciuse a 71.014 localidades. O estadio renovado foi inaugurado oficialmente polo presidente ucraíno Viktor Yanukovych o 8 de outubro de 2011.

Nomes previos[editar | editar a fonte]

Durante a meirande parte da súa historia o estadio foi coñecido como Estadio Republicano.[1]

  • 1923 - Estadio Vermello de Trotsky
  • 1924-1935 - Estadio Vermello
  • 1936-1938 - Estadio Republicano de Kosior
  • 1938-1941 - Estadio Republicano (capacidade 50.000)
  • 1941 - Estadio Republicano de Khrushchev
  • 1941-1943 - Estadio Nacional de Ucraína
  • 1944-1962 - Estadio Republicano de Khrushchev
  • 1962-1979 - Estadio Central (capacidade 100.000 en 1967)
  • 1980-1995 - Estadio Republicano
  • Dende 1996 - Complexo Olímpico Nacional de Deportes (capacidade 83,450 in 1999; 70,050 in 2011)

Eurocopa 2012[editar | editar a fonte]

Partidos[editar | editar a fonte]

O Estadio Olímpico de Kiev albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, correspondentes ao Grupo D, un de cuartos de final e a final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
11 de xuño Primeira rolda Ucraína Ucraína
2 - 1
Flag of Sweden.svg Suecia
64.290
15 de xuño Primeira rolda Suecia Flag of Sweden.svg
2 - 3
Inglaterra Inglaterra
64.640
19 de xuño Primeira rolda Suecia Flag of Sweden.svg
2 - 0
Francia Francia
63.010
24 de xuño Cuartos de final Inglaterra Inglaterra
0 - 0
Italia Italia
64.340
1 de xullo Final España España
4 - 0
Italia Italia
63.170

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]



Predecesor:
Estadio Ernst Happel
Estadio Ernst Happel
Viena
Final da UEFA Euro 2012™
Estadio Olímpico de Kiev

2012
Sucesor:
Stade de France

Saint-Denis