Saltar ao contido

Estadio Olímpico de Kíiv

Estadio Olímpico
"Олімпійський"
Kíiv Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
Національний спортивний комплекс «Олімпійський» (uk)
Республіканський стадіон ім. М. С. Хрущова (uk)
Всеукраїнський стадіон (uk)
Республіканський стадіон ім. М. С. Хрущова (uk)
Центральний стадіон (uk)
Республіканський стадіон (uk)
Червоний стадіон (uk)
Республіканський стадіон ім. С. Косіора (uk)
Червоний стадіон ім. Л. Троцького (uk)
Республіканський стадіон (uk) Editar o valor en Wikidata
 Edificio adxacente
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Arquitecto/a
 Propietario/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
12 de agosto de 1923 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
12 de agosto de 1923 Editar o valor en Wikidata
Historia
1919projeto urbano (pt) Traducir
marzo de 1923comezo da construción
1936renovación
12 de xullo de 1942cerimonia de inauguración
1944renovación
25 de xuño de 1944cerimonia de inauguración
1966renovación
1977renovación
1980Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1980 (pt) Traducir
1998renovación
agosto de 2008renovación
2012Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012
26 de maio de 2018Final da Liga dos Campeões da UEFA de 2017–18 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Capacidade
70.050
100.062
83.450
47.756
50.000
14.000 Editar o valor en Wikidata
 Altura
 49,5 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
 236 m Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
 306 m Editar o valor en Wikidata
 Superficie
 16,88 ha Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
 1893514 (2025) Editar o valor en Wikidata
 Ingresos totais
 75201000 ₴ (2025) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
 6031678000 ₴ (2025) Editar o valor en Wikidata
 Custo
 4550000000 ₴ Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Enderezo
вул. Велика Васильківська, 55, м. Київ, Україна, 03150
Vul. Velyka Vasyl’kivs’ka 55, Kyiv, Ukraine, 03150 Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Código postal03150 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1641145 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07796h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+380 44 590 66 74 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: olympic.nsc Twitter: NSC_Olimpiyskiy Instagram: olympic.nsc VK: nsc LinkedIn: olympic-national-sports-complex-sc Youtube: UCQ5HvlJ3X_zu7EKleEk-sMQ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Complexo Olímpico Nacional de Deportes (tamén coñecido como Estadio Olímpico, Estadio Republicano ou Estadio Central, en ucraíno: Національний спортивний комплекс "Олімпійський", Natsional’nyĭ sportyvnyĭ kompleks "Olimpiys'kyĭ") é unha instalación polideportiva en Kíiv, capital de Ucraína, situada na ladeira do céntrico outeiro de Cherepanov, no raion de Pechersk. O estadio é a principal instalación deportiva do país e unha das maiores do mundo. A parte do estadio, o complexo conta tamén con outras instalacións deportivas, deseñadas para organizar Xogos Olímpicos. O estadio albergará o partido final da Eurocopa 2012.

Orixes do Estadio Vermello

[editar | editar a fonte]

A idea de construción dun estadio xurdiu no ano 1914,[1] pero foi abandonada debido á primeira guerra mundial e a Revolución rusa. Co nacemento da Unión Soviética xurdiu o proxecto de construción do Estadio Vermello, que foi inaugurado o 12 de agosto de 1923 e cambiou de nome a Lev Trotski para as primeiras Olimpíadas da Rexión de Kíiv. O deseño do estadio foi traballo do enxeñeiro L.V. Pilvinskiy, que usou as pendentes do outeiro Cherepanov para construír as bancadas sur e leste, mentres que para as do norte e o oeste utilizáronse cascallos de edificios derrubados.

En 1924 terminouse de implantar un terreo de xogo cunhas dimensións de 120x70 metros con orientación oeste-este e instalouse unha pista de atletismo que rodeaba o céspede. Tamén se construíron os vestiarios e os aseos, nunha obra que levou a cabo grazas, en parte, ao político húngaro Lajos Gavro, que nese momento era Comisario Militar da Provincia de Kíiv. Aínda nese mesmo ano, o nome de Trotski foi eliminado da denominación do estadio.

O Estadio Vermello era o epicentro da actividade deportiva de Kíiv e celebraba, principalmente e nos seus primeiros anos, competicións de atletismo. Tamén era o principal estadio de fútbol da cidade e os campionatos de Kíiv tiveron lugar no Estadio Vermello antes de que se construíse o Estadio Dinamo. O primeiro partido internacional do Dynamo de Kíiv celebrouse no Estadio Vermello ante un equipo de traballadores da Baixa Austria en 1929 e que finalizou con vitoria por tres goles a catro para os visitantes.

En 1934 Kíiv converteuse en capital da República Socialista Soviética de Ucraína e someteuse a concurso a reconstrución do estadio, máis acorde ao status que a cidade ucraína acababa de obter. O gañador foi o arquitecto Mikhaylo Grechina, que cambiou de nome, tamén, do recinto a Estadio Republicano de Ucraína.

Estadio Republicano

[editar | editar a fonte]

O estadio sufriu ampliacións o 22 de xuño de 1941, cando foi reinaugurado con 50 mil asentos e co nome de Stalin Respublikanskiy. Fortemente bombardeado pola Luftwaffe, a cerimonia de inauguración interrompeuse. Despois da vitoria dos aliados na segunda guerra mundial, o estadio foi reconstruído a continuación da cerimonia de inauguración, ocorrida en 1948. O estadio foi rebautizado en 1953 como Nikita Khrushchev, en homenaxe ao líder soviético. A súa capacidade chegou aos 100.000 espectadores nos anos 1960.

Foi renovado en 1978 con ocasión dos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, sendo sede dalgúns partidos de fútbol no torneo. Despois da independencia de Ucraína, en 1991, o estadio pasou recibir o seu nome actual, aínda que aínda hoxe é coñecido como Respublykanskyi stadion (Estadio Republicano) ou Tsentralny (Central) , debido á estación de metro próxima ao estadio. En 1997-1999, para aterse ás normas de seguridade da FIFA, veu a súa capacidade reducida a 83.450 lugares. É usado especialmente polo Dynamo de Kíiv e pola selección de fútbol de Ucraína.

O 18 de abril de 2007, Polonia e Ucraína foron escollidas para aloxar a Eurocopa 2012, sendo o Olímpico de Kíiv a sede elixida para disputar a final. Para albergar o devandito acontecemento o estadio foi remodelado por completo e o seu aforamento reduciuse a 71.014 localidades. O estadio renovado foi inaugurado oficialmente polo presidente ucraíno Viktor Yanukovych o 8 de outubro de 2011.

Nomes previos

[editar | editar a fonte]

Durante a meirande parte da súa historia o estadio foi coñecido como Estadio Republicano.[1]

  • 1923 - Estadio Vermello de Lev TrotskiTrotski
  • 1924-1935 - Estadio Vermello
  • 1936-1938 - Estadio Republicano de Kosior
  • 1938-1941 - Estadio Republicano
  • 1941 - Estadio Republicano de Khrushchev (capacidade 50.000)
  • 1941-1943 - Estadio Nacional de Ucraína
  • 1944-1962 - Estadio Republicano de Khrushchev (capacidade 47.756)
  • 1962-1979 - Estadio Central (capacidade 100.062 en 1967)
  • 1980-1995 - Estadio Republicano
  • Dende 1996 - Complexo Olímpico Nacional de Deportes (capacidade 83,450 in 1999; 70,050 in 2011)

Eurocopa 2012

[editar | editar a fonte]

O Estadio Olímpico de Kíiv albergou durante o campionato cinco encontros: tres encontros da fase de grupos, correspondentes ao Grupo D, un de cuartos de final e a final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
11 de xuño Primeira rolda Ucraína Ucraína
2 - 1
Suecia
64.290
15 de xuño Primeira rolda Suecia
2 - 3
Inglaterra Inglaterra
64.640
19 de xuño Primeira rolda Suecia
2 - 0
Francia Francia
63.010
24 de xuño Cuartos de final Inglaterra Inglaterra
0 - 0
Italia Italia
64.340
1 de xullo Final España España
4 - 0
Italia Italia
63.170

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Estadio Ernst Happel
Estadio Ernst Happel
Viena
 Final da UEFA Euro 2012™
Estadio Olímpico de Kíiv
 
2012
Sucesor:
Stade de France

Saint-Denis