Arena da Baixada
Estádio Joaquim Américo Guimarães Arena da Baixada | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio ![]() | |||
Custo | R$ 326 millóns (reforma de 2014) | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Brasil | |||
Unidades da federación | Estado do Paraná | |||
Concello | Curitiba ![]() | |||
Localización | ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 24 de xuño de 1999 ![]() | |||
Inauguración | 6 de setembro de 1914 | |||
Acontecementos | ||||
Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||
1999 | renovación | |||
2012 | reconstrución ![]() | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 43.981 | |||
Tipo superficie | Bermuda Tifway 419 | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Clube Atlético Paranaense | |||
Arquitecto | Clube Atlético Paranaense ![]() | |||
Operador | Clube Atlético Paranaense ![]() | |||
Ocupante | Clube Atlético Paranaense e Club Athletico Paranaense (futebol feminino) (pt) ![]() ![]() | |||
Visitantes anuais | 31.000 (16/12 de 2001) Paranaense 4-2 São Caetano | |||
Deporte | ||||
Deporte | fútbol ![]() | |||
Localía | Clube Atlético Paranaense | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | arenacap.com.br ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Estádio Joaquim Américo Guimarães é o estadio de fútbol do Clube Atlético Paranaense (CAP), localizado en Curitiba, capital do Estado do Paraná, Brasil. Coñecido como Arena da Baixada, o espazo foi o primeiro lugar do fútbol brasileiro en adoptar o nome patrocinado co título de Kyocera Arena entre 2005 e 1 de abril de 2008. Coa escolla de Curitiba para ser unha das sedes da Copa do Mundo de 2014, o estadio foi reformado entre 2012 e 2014, ampliando a súa capacidade aos padróns esixidos pola FIFA e pasando a ter máis de 43.000 lugares.[1]
Localizado no barrio do Água Verde, ten como punto diferencial a súa localización, próxima ao centro da capital paranaense. A historia do estadio do Atlético comezou a comezos do século XX, cando en 1914, Joaquim Américo Guimarães, entón presidente do Internacional (club que orixinaría o Clube Atlético Paranaense), mandou a construción do estadio Baixada da Água Verde. O Atlético xurdiu dez anos despois, herdando o patrimonio e bautizando o estadio co nome do principal responsábel da súa edificación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Moderna, Arena da Baixada projeta espaço para 42 mil". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de maio de 2014.