O Arena das Dunas é un estadio multiuso localizado na cidade de Natal, no estadobrasileiro do Río Grande do Norte. Alén de partidos de fútbol, o complexo ten a capacidade de aloxar eventos de gran porte, exposicións e feiras e mercados. A estrutura foi inaugurada o 22 de xaneiro de 2014,[1] despois de 29 meses de obras, no lugar do Estádio João Machado.[2] O recinto é xestionado polo grupo OAS Arenas, sendo copropietario o Goberno do Estado de Río Grande do Norte.
Localizado no barrio de Lagoa Nova, entre a BR-101 e a Avenida Prudente de Morais, dúas importantes arterias viarias da cidade, o estadio foi posible grazas a unha colaboración público-privada entre a OAS Engenharia e o goberno do estado, sendo a súa principal finalidade a de sustentar a candidatura da capital para a Copa do Mundo FIFA de 2014, na que albergou catro partidos. Proxectada para ter uso variado, o complexo ten capacidade para 31.375 espectadores, aínda que durante a Copa do Mundo colocáronse bancadas provisionais que ampliaron a capacidade até os 42.086 asentos.
A arquitectura do estadio, inspirada nas dunas do Río Grande do Norte, foi proxectada pola empresa estadounidense Populous.[3]