Teodomiro (rei suevo): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Reino Suevo mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 31: Liña 31:


=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Ficheiro:Teodomiro rey suevo-570-ret.jpg|miniatura|La Estatua]]{{Urraca|Imaxe=Urraca.png}}
* [[Lista de monarcas de Galicia]]
* [[Lista de reis suevos]]
* [[Lista de reis suevos]]
* [[Suevos]]
* [[Suevos]]

Revisión como estaba o 5 de marzo de 2022 ás 21:27

Infotaula de personaTeodomiro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor em Wikidata
Morte570 Editar o valor em Wikidata
Rei dos suevos
559 – 570
← CarriaricoMiro → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino suevo de Galicia Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMiro Editar o valor em Wikidata

Teodomiro foi un monarca do Reino Suevo de Galicia (559-570)[1][2]. Gobernou o reino dotándoo de institucións, administración e cohesión social buscando a lexitimidade do seu poder na Igrexa católica. Durante o seu reinado realízase o I Concilio de Braga (561), onde o reino suevo volta adoptar o catolicismo.

Traxectoria

Posiblemente, a primeira referencia a Teodomiro apareceu cando Gregorio de Tours fala do fillo do rei Carriarico que salvou a súa vida por mor da virtude milagreira das reliquias de San Martiño de Tours pois Teodomiro sucedeu a Carriarico no trono do Reino Suevo da Gallaecia[3].

Teodomiro (ou Ariamiro), rei de Galiza cos bispos Lucrecio, André e Martiño. Códice Vixiliano.

Baixo a influencia de Martiño de Dumio, o seu labor de goberno baseouse nos seguintes eixos:

  • Consolidación da expansión sueva coa incorporación das áreas de influencia de Astorga e Coimbra
  • A convocatoria dos Concilios de Braga a modo de asembleas de goberno non só en asuntos relixiosos senón especificamente temporais.
  • A organización territorial a través da estruturación da dependencia das entidades de poboación (parroquias) aos diferentes bispados (concretado na Divisio Theodemiri, a "división de Teodomiro", ou Parochiale suevorum).
  • A cristianización das masas de labregos aínda ancoradas nun paganismo ancestral de claro sabor céltico.
  • A busca da cohesión social mediante o combate da herexía ariana que profesaba o reino visigodo de Hispania e o priscilianismo seguido por importantes capas da poboación que non recoñecían a autoridade dos bispos de obediencia romana.
  • A lexitimación da monarquía perante as elites de orixe galaico-romana mediante o seu papel de protector da Igrexa desempeñando un rol con ecos propios de Bizancio, con quen probablemente mantivo contactos amigables.
  • A difusión da cultura a través do impulso de escolas dependentes dos mosteiros e focos de formación como o cenobio de Dumio fundado por Martiño de Dumio.
  • Unha política exterior pacífica sen enfrontamento co reino visigodo veciño e dentro da órbita da nova orde emanada do Imperio bizantino de Xustiniano.

O seu reinado marcou un fito de estabilidade e esplendor do Galliciense regnum, do que nos quedaron testemuños nas propias fontes históricas galaicas e hispánicas e nas crónicas francas.

Notas

  1. Tejada y Ramiro, Juan, ed. (1855). Actas concilio de Lugo (Colección de cánones y de todos los concilios de la Iglesia de Espana ed.). p. 654. ego Theodomirus rex cognomento et Mirus, Galleciae totius provinciae rex 
  2. de Gembloux, Sigeberto. "XIX". De scriptoribus ecclesiasticis. Theudomirum [al. Mironem] regem Galliciae 
  3. de Tours, Gregorio. Libri de virtutibus sancti Martini episcopi I. Chararici cuiusdam regis Galliciae filius graviter aegrotabat 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Teodomiro (rei suevo)
Descoñecida
Nacemento:  ? Falecemento: 570


Títulos Reais
Precedido por
Carriarico


Rei de Galicia
559–570
Sucedido  por
Miro