Roldán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:


Esta personaxe estivo arrodeada dende hai séculos por unha aura mitolóxica. Por iso, pódense atopar entre [[Roncesvales]] e Mezkiritz os "pasos de Roldán", na costa fronte a Hendaia as "rochas de Roldán", a "[[Brecha de Roldán]]", abertura pétrea no [[Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido]], ou o denominado «Pierrondán», suposta pegada do pé de Roldán en [[Fuencalderas]] ([[Aragón]]).<ref name="Possat 2002">José Arbués Possat. ''Guía de excursiones por el Monte de Fuencalderas'', editado pola asociación de veciños «Liso» en colaboración coa Deputación Provincial de Zaragoza e o concello de Fuencalderas, 2002.</ref> Tamén no Parque Natural de la Sierra y Cañones de Guara, no pre-Pireneo oscense, está o [[salto de Roldán]], dúas penas que segundo a lenda Roldán tivo que saltar para escapar dos seus perseguidores no seu regreso a Francia, morrendo o cabalo na xesta e tendo que continuar a pé, ata chegar a Ordesa.
Esta personaxe estivo arrodeada dende hai séculos por unha aura mitolóxica. Por iso, pódense atopar entre [[Roncesvales]] e Mezkiritz os "pasos de Roldán", na costa fronte a Hendaia as "rochas de Roldán", a "[[Brecha de Roldán]]", abertura pétrea no [[Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido]], ou o denominado «Pierrondán», suposta pegada do pé de Roldán en [[Fuencalderas]] ([[Aragón]]).<ref name="Possat 2002">José Arbués Possat. ''Guía de excursiones por el Monte de Fuencalderas'', editado pola asociación de veciños «Liso» en colaboración coa Deputación Provincial de Zaragoza e o concello de Fuencalderas, 2002.</ref> Tamén no Parque Natural de la Sierra y Cañones de Guara, no pre-Pireneo oscense, está o [[salto de Roldán]], dúas penas que segundo a lenda Roldán tivo que saltar para escapar dos seus perseguidores no seu regreso a Francia, morrendo o cabalo na xesta e tendo que continuar a pé, ata chegar a Ordesa.

=== En Galiza ===
[[Ficheiro:Pisada de Roldan, Cambás, Aranga.jpg|miniatura|Pisada de Roldán en [[Cambás, Aranga|Cambás]].]]
En [[Galiza]], Roldán ten unha gran difusión popular e é recolleito no ''[[Dicionario dos seres míticos galegos]]''.

Na parroquia de [[Cambás, Aranga|Cambás]] ([[Aranga]]) existe un afloramento rochoso onda a ermida de San Vitorio que ten gravada unha gran pegada, a cal recibe o nome de Pisada de Roldán. Cóntase que a deixou ao baixar do cabalo naquel lugar sagrado. Outra versión di que pisou no penedo e achancou até [[Os Vilares, Guitiriz|Os Vilares]] ([[Guitiriz]]), onde habería outra pegada semellante.<ref>{{Cita publicación periódica |nome1=Xosé María |apelidos1={{versaleta|Veiga Ferreira}} |nome2=Juan |apelidos2={{versaleta|Sobrino Ceballos}} |ano=2001 |título=As mámoas de Galiñeiro: Da ermida da Ascensión (Monfero) á de San Vitorio (Cambás) |revista=[[A Xanela]]. Revista cultural das Mariñas |número=12 |páxinas=13-15, en 13 |localización=[[Betanzos]] |url=https://hemeroteca.betanzos.net/A%20Xanela/xanela%2012.pdf}}</ref>{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=69}} Precisamente nesta parroquia guitiricense, no lugar da [[A Reboira, Os Vilares, Guitiriz|Reboira]], existe tamén a Pena de Roldán. Segundo a tradición, Roldán fixo varios cortes na rocha, deixou as pegadas do cabalo no alto e a súa voz pódese ouvir cara á noitiña.<ref>{{Cita web |url=https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/03/pena-roldan-guitiriz.html |título=Pena Roldán, Guitiriz |nome=Alberto |apelidos={{Versaleta|García Roldán}} |data=marzo de 2020 |páxina-web=Galicia Pueblo a Pueblo}}</ref>{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=72}} As pegadas do cabalo rexístranse tamén en [[Comarca de Valdeorras|Valdeorras]], no penedo dunha montaña. O lugar foi denominado o Salto de Roldán, pois dise que ficaron marcadas ao saltar até alí desde o cumio doutra montaña.{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=73}} Igualmente, as pegadas do cabalo de Roldán e mais o prodixioso salto aparecen varias veces no concello de [[Ribeira]]. Figuran nunha pena do [[castro do Monte da Cidá]], xustamente desde onde se menciona que dun pulo se plantou nas Pedras da Lagoa, na [[lagoa de Carregal]], onde volven aparecer. Desde alí atravesou doutro chimpo a baía de [[Corrubedo, Ribeira|Corrubedo]] para deixar de novo as súas marcas no conxunto rochoso chamado Outeiro de Santiago. No entanto, nos dous últimos casos a referencia é ao cabalo do [[Apóstolo Santiago]].<ref>{{Cita web |url=https://cabocorrubedo.com/2016/09/18/corrubedo-origen-misterio/ |título=Corrubedo: un misterio de 9 letras |data=18 de setembro de 2016 |páxina-web=Cabo Corrubedo |lingua=es}}</ref>{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=72}} Ás pegadas do cabalo de Santiago alúdese noutros casos como o do cumio da Moa, no [[monte Pindo]].{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=72}}

No [[O Barco de Valdeorras|Barco de Valdeorras]] hai unha lenda na cal Roldán deu co seu cabalo un enorme chimpo para saltar un caudaloso río e chegar ao castelo en que uns mouros tiñan capturadas tres princesas. Os mouros fuxiron mais converteron as princesas en tres grandes penedos de [[Cuarzo|seixo]] branco que aínda perduran.{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=71}} Unha variante desta lenda fálanos de que no lugar de Puxares ([[Vilanuíde, Quiroga|Vilanuíde]], [[Quiroga]]) había tres irmás costureiras moi fermosas das cales se namorou Roldán. Ao querer este levalas para Francia, dixéronlle que iso ocorrería cando o [[río Xares]] lles pasase por diante da casa, cousa que aconteceu ao día seguinte, polo que as irmás fuxiron cara a Valdeorras. Alcanzadas en [[Valencia do Sil]] pediron a axuda do demo: «Antes pedras de seixo ca escravas de Roldán!».{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=71}} Noutras versións, atribuídas ás veces ao Apóstolo Santiago, saltou co cabalo o [[río Sil]] por faceren burla del dúas lavandeiras, as cales ficaron tornadas nas dúas penas brancas que se poden ver nalquel lugar;{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=72}} ou transformou en pedra dúas mouras que perseguía por non se deteren.{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=71}}

A importancia da figura de Roldán é constatada polo feito de que no [[século XVI]] o cabido da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral compostelá]], alén de celebrar misas por Carlomagno, penduraba perante o altar mor, entre outros trofeos, o «corno ou [[olifante]] de Roldán».{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|p=71}} Alén disto, até mediados do [[século XX]] no lugar de [[Nerga, O Hío, Cangas|Nerga]] ([[Comarca do Morrazo|O Morrazo]]) disfrazáronse no [[entroido]] do personaxe de Roldán.{{Sfn|{{Versaleta|Alonso Romero}}|2019|pp=71-72}}


== Notas ==
== Notas ==
Liña 15: Liña 25:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{Commonscat}}
===Bibliografía===
* {{Cita publicación periódica |nome=Fernando |apelidos={{Versaleta|Alonso Romero}} |ligazón-autor=Fernando Alonso Romero |ano=2019 |título=La ''Pisada de Roldán'' en la Serra da Loba (Aranga, A Coruña) y la huella del ''Caballo de Santiago'' en el monte Pindo (Carnota, A Coruña) |revista=[[Anuario Brigantino]] |número=42 |páxinas=67-98 |editorial=[[Betanzos|Concello de Betanzos]] |issn=1130-7625 |url=http://anuariobrigantino.betanzos.net/AB2019PDF/067-098_alonso_pisada%20de%20roldan_caballo%20de%20santiago_pindo_anuario_brigantino_2019b.pdf |lingua=es |ref=harv}}

=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
*[[Cantar de xesta]]
*[[Cantar de xesta]]

Revisión como estaba o 13 de xuño de 2021 ás 19:16

Infotaula de personaRoldán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento737 Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 778 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Roncesvales Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Prefect of the Breton March (en) Traducir
778 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino franco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncabaleiro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
ParellaAude (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Roldán, tamén chamado Roland e Orlando, (en francés, Roland; en fráncico, Hrōþiland; en catalán Rotllà; en éuscaro Errolan) foi un comandante histórico dos francos ao servizo da Marca Bretoa. Morreu na batalla de Roncesvales a mans dos vascóns o 15 de agosto de 778. A súa vida foi motivo de lendas literarias, notablemente na materia de Francia. Segundo a lenda, Roldán era sobriño de Carlomagno como o suposto fillo da súa irmá, Gisela.

Lenda

Batalla de Roncesvales (778). Morte de Roldán, nas Grandes Crónicas de Francia, ilustradas por Jean Fouquet, Tours, contra 1455-1460, BNF.

A lenda bordou a súa historia co relato do nobre cristián morto polas forzas sarracenas, que forma parte da temática da materia de Francia. A historia de Roldán nárrase no Cantar de Roldán, poema cunha data exacta de composición aínda non determinada, a pesar de que adoita datarse entre 1086 e 1104. Alí, Roldán está armado cun corno e unha espada chamada Durandarte. No cantar salienta unha notable defensa do cristianismo das cruzadas.

En Orlando, de Virginia Woolf, pode apreciarse a tradición posterior da popularidade da personaxe en verso italiano, sobre todo no século XVI, que leva á épica Orlando furioso, de Ludovico Ariosto, como continuación de Orlando innamorato, de Matteo Maria Boiardo. En lingua castelá a obra máis importante en que aparece Roldán é o poema épico El Bernardo, escrito por Bernardo de Balbuena.

Esta personaxe estivo arrodeada dende hai séculos por unha aura mitolóxica. Por iso, pódense atopar entre Roncesvales e Mezkiritz os "pasos de Roldán", na costa fronte a Hendaia as "rochas de Roldán", a "Brecha de Roldán", abertura pétrea no Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido, ou o denominado «Pierrondán», suposta pegada do pé de Roldán en Fuencalderas (Aragón).[1] Tamén no Parque Natural de la Sierra y Cañones de Guara, no pre-Pireneo oscense, está o salto de Roldán, dúas penas que segundo a lenda Roldán tivo que saltar para escapar dos seus perseguidores no seu regreso a Francia, morrendo o cabalo na xesta e tendo que continuar a pé, ata chegar a Ordesa.

En Galiza

Pisada de Roldán en Cambás.

En Galiza, Roldán ten unha gran difusión popular e é recolleito no Dicionario dos seres míticos galegos.

Na parroquia de Cambás (Aranga) existe un afloramento rochoso onda a ermida de San Vitorio que ten gravada unha gran pegada, a cal recibe o nome de Pisada de Roldán. Cóntase que a deixou ao baixar do cabalo naquel lugar sagrado. Outra versión di que pisou no penedo e achancou até Os Vilares (Guitiriz), onde habería outra pegada semellante.[2][3] Precisamente nesta parroquia guitiricense, no lugar da Reboira, existe tamén a Pena de Roldán. Segundo a tradición, Roldán fixo varios cortes na rocha, deixou as pegadas do cabalo no alto e a súa voz pódese ouvir cara á noitiña.[4][5] As pegadas do cabalo rexístranse tamén en Valdeorras, no penedo dunha montaña. O lugar foi denominado o Salto de Roldán, pois dise que ficaron marcadas ao saltar até alí desde o cumio doutra montaña.[6] Igualmente, as pegadas do cabalo de Roldán e mais o prodixioso salto aparecen varias veces no concello de Ribeira. Figuran nunha pena do castro do Monte da Cidá, xustamente desde onde se menciona que dun pulo se plantou nas Pedras da Lagoa, na lagoa de Carregal, onde volven aparecer. Desde alí atravesou doutro chimpo a baía de Corrubedo para deixar de novo as súas marcas no conxunto rochoso chamado Outeiro de Santiago. No entanto, nos dous últimos casos a referencia é ao cabalo do Apóstolo Santiago.[7][5] Ás pegadas do cabalo de Santiago alúdese noutros casos como o do cumio da Moa, no monte Pindo.[5]

No Barco de Valdeorras hai unha lenda na cal Roldán deu co seu cabalo un enorme chimpo para saltar un caudaloso río e chegar ao castelo en que uns mouros tiñan capturadas tres princesas. Os mouros fuxiron mais converteron as princesas en tres grandes penedos de seixo branco que aínda perduran.[8] Unha variante desta lenda fálanos de que no lugar de Puxares (Vilanuíde, Quiroga) había tres irmás costureiras moi fermosas das cales se namorou Roldán. Ao querer este levalas para Francia, dixéronlle que iso ocorrería cando o río Xares lles pasase por diante da casa, cousa que aconteceu ao día seguinte, polo que as irmás fuxiron cara a Valdeorras. Alcanzadas en Valencia do Sil pediron a axuda do demo: «Antes pedras de seixo ca escravas de Roldán!».[8] Noutras versións, atribuídas ás veces ao Apóstolo Santiago, saltou co cabalo o río Sil por faceren burla del dúas lavandeiras, as cales ficaron tornadas nas dúas penas brancas que se poden ver nalquel lugar;[5] ou transformou en pedra dúas mouras que perseguía por non se deteren.[8]

A importancia da figura de Roldán é constatada polo feito de que no século XVI o cabido da catedral compostelá, alén de celebrar misas por Carlomagno, penduraba perante o altar mor, entre outros trofeos, o «corno ou olifante de Roldán».[8] Alén disto, até mediados do século XX no lugar de Nerga (O Morrazo) disfrazáronse no entroido do personaxe de Roldán.[9]

Notas

  1. José Arbués Possat. Guía de excursiones por el Monte de Fuencalderas, editado pola asociación de veciños «Liso» en colaboración coa Deputación Provincial de Zaragoza e o concello de Fuencalderas, 2002.
  2. Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2001). "As mámoas de Galiñeiro: Da ermida da Ascensión (Monfero) á de San Vitorio (Cambás)" (PDF). A Xanela. Revista cultural das Mariñas (Betanzos) (12): 13–15, en 13. 
  3. Alonso Romero 2019, p. 69.
  4. García Roldán, Alberto (marzo de 2020). "Pena Roldán, Guitiriz". Galicia Pueblo a Pueblo. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Alonso Romero 2019, p. 72.
  6. Alonso Romero 2019, p. 73.
  7. "Corrubedo: un misterio de 9 letras". Cabo Corrubedo (en castelán). 18 de setembro de 2016. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Alonso Romero 2019, p. 71.
  9. Alonso Romero 2019, pp. 71-72.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos