Wikipedia:Votacións para borrar/Nieves Cabo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12: Liña 12:
#{{Borrar}}. --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|fálame aquí]]</sup> 23 de xaneiro de 2021 ás 18:15 (UTC)
#{{Borrar}}. --[[Usuario:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[Conversa usuario:Estevoaei|fálame aquí]]</sup> 23 de xaneiro de 2021 ás 18:15 (UTC)
#{{Borrar}}. --[[Usuario:Breogan2008|Breogan2008]] ([[Conversa usuario:Breogan2008|conversa]]) 24 de xaneiro de 2021 ás 10:43 (UTC)
#{{Borrar}}. --[[Usuario:Breogan2008|Breogan2008]] ([[Conversa usuario:Breogan2008|conversa]]) 24 de xaneiro de 2021 ás 10:43 (UTC)
#{{Borrar}}.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 31 de xaneiro de 2021 ás 17:41 (UTC) Non ten relevancia enciclopédica ningunha. Cadrou de casualidade que lle tocou a ela ser a primeira e igual saiu uns segundos nun telediario. Iso non abonda en absoluto.--[[Usuario:Miguelferig|Miguelferig]] ([[Conversa usuario:Miguelferig|conversa]]) 31 de xaneiro de 2021 ás 17:41 (UTC)


;Manter
;Manter

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2021 ás 17:41

Nieves Cabo

Proposto por: Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 16:46 (UTC) (Período de votación: dende o 23-01-2021 ata, polo menos, o 30-01-2021)[responder]
  • Información: Motivos para o borrado: Biografía que non ten ningunha relevancia enciclopédica, e segundo o indicado en Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A Wikipedia non é un xornal: "Un quen é quen. Aínda cando un evento é notable, moitos dos individuos participantes nel poden non selo. Agás nos casos nos que o tratamento nos medios dun individuo vaia máis aló do contexto dun evento único, a inclusión de información sobre devandito individuo na Wikipedia debería limitarse ó propio artigo do evento, co peso específico que lle corresponda en relación ó tema xeral.".--Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 16:46 (UTC)[responder]
Borrar
  1. Borrar. --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 16:46 (UTC)[responder]
  2. Borrar.--MAGHOI (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 17:01 (UTC)[responder]
  3. Borrar--. HombreDHojalata.conversa 23 de xaneiro de 2021 ás 18:04 (UTC)[responder]
  4. Borrar. --Estevo(aei)fálame aquí 23 de xaneiro de 2021 ás 18:15 (UTC)[responder]
  5. Borrar. --Breogan2008 (conversa) 24 de xaneiro de 2021 ás 10:43 (UTC)[responder]
  6. Borrar.--Miguelferig (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 17:41 (UTC) Non ten relevancia enciclopédica ningunha. Cadrou de casualidade que lle tocou a ela ser a primeira e igual saiu uns segundos nun telediario. Iso non abonda en absoluto.--Miguelferig (conversa) 31 de xaneiro de 2021 ás 17:41 (UTC)[responder]
Manter
  1. Manter. Para min este tipo de artigos que adoita crear Xabier Cid nunca están de máis. Entendo o razoamento de Elisardojm tamén, que conste. --Atobar (conversa comigo) 23 de xaneiro de 2021 ás 17:13 (UTC)[responder]
  2. Manter. Loxicamente, xa que o creei eu; e volveríao crear. Explícoo abaixo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23 de xaneiro de 2021 ás 19:05 (UTC)[responder]
  3. Manter. --One2 (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 20:33 (UTC)[responder]
  4. Manter. Entendo a votación, entendo que a relevancia da persoa é discutible, e non comparto neste caso os argumentos de Xabier, en particular o de "É moi sinxelo para un home autóctono ter un artigo na Wikipedia. Con publicar un libro mediocre sen lectores, chega. Eu mesmo teño artigo de meu! Pero se es unha muller labrega, de extracción baixa, tes todas as portas pechadas", porque entendo que a relevancia dunha persoa ven polo que fai e (xeralmente) non polo que lle fan. Porén, coido que na Galipedia temos un criterio "inclusivista" (como coas vítimas da Guerra Civil), e penso que é mellor pasarse de inclusivista que do contrario. --Norrin (Fálame) 27 de xaneiro de 2021 ás 10:00 (UTC)[responder]
Neutros
Comentarios
  • A miña defensa do artigo baséase en dous criterios: é un artigo completo e bo, e é un artigo que dota a nosa wikipedia dunha diversidade da que carece. En primeiro lugar, o artigo está ben escrito, é completo, e ten unha variedade de fontes. Considera o individuo no seu contexto (un grupo de persoas moi relevantes en número, especialmente representativo da sociedade galega), pero tamén no seu papel protagonista; non é un artigo orfo. Digo isto porque a nosa wikipedia, cun criterio capacitista, está inzada de artigos orfos de biografías de señores non representativos. O artigo de Nieves Cabo non está, nin de lonxe, entre os 1000 peores (máis prescindibles) artigos da Galipedia. A que vén entón esta proposta de borrado? Agora vou con iso.
Porque o segundo motivo para manter o artigo de Nieves Cabo é que é diverso, que dota a Galipedia de diversidade. A Galipedia é unha enciclopedia dunha sociedade, e con ela dunha poboación. É moi sinxelo para un home autóctono ter un artigo na Wikipedia. Con publicar un libro mediocre sen lectores, chega. Eu mesmo teño artigo de meu! Pero se es unha muller labrega, de extracción baixa, tes todas as portas pechadas. Nin sequera matando a moita xente, ou como neste caso, póndote de exemplo para o progreso da ciencia, podes entrar. Non é suficiente con iso. Despois queixámonos de que a wikipedia é pouco diversa... e non debería estrañarnos. Non só temos os limiares de enciclopedibilidade moi baixos nalgures e moi altos noutros sitios (e cunha distribución de alturas que responde a un nesgo socio-ideolóxico claro), senón que ademais a nosa alarma de "borremos este artigo" se acende moito máis rápido nuns sitios ca noutros. E con isto, obviamente, non é unha crítica a Elisardo. Pero si ás razóns que nos levan, a Elisardo e a todos os demais, a poñernos estupendos con persoas que tiveron unha notabilidade moi alta nunha época de novas crítica, e non con outros. Por exemplo, e sen ganas de meter o dedo no ollo, algunhas das persoas que queren borrar a Nieves Cabo editaron (editaron!) o artigo de Apostolos Mangouras. O señor Mangouras só estivo en relación cun evento; os seus datos poderían meterse no artigo do Prestige, como sinala atinadamente Elisardo no cacho de política que pega. Pero o que cun señor grego vale, non vale cunha señora de Brión. E deberiamos preguntarnos por que. Por esta razón, pra crear unha Galipedia que se pareza máis ao país que temos, deberiamos manter o artigo, ben escrito e ben referenciado, de Nieves Cabo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23 de xaneiro de 2021 ás 19:25 (UTC)[responder]
Entendo o fondo da exposición de Xabier Cid, con todo considero que este artigo non debería existir. O artigo achega datos persoais dunha persoa anónima, dubido moito que esta muller quixera ser famosa ou ter un artigo aquí no que fale de cando casou, en que traballou e se viviu nunha residencia de persoas anciás. Creo que a personalidade ten relevancia (non son amigo do criterio da "relevancia enciclopédica") pero considero que o que se indica debería estar incluído no artigo da pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia, xa que realmente o que é relevante é onde naceu, a idade, que vivía nunha residencia e que recibiu as dúas doses da vacina Pfizer, que basicamente é o que di o artigo, podería ir todo un parágrafo adicado a Nieves Cabo. E digo isto sendo consciente de que algún dos artigos nos que traballei podería ser perfectamente proposto para borrado. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 20:07 (UTC)[responder]