Castro do Porto de Baixo: Diferenzas entre revisións
Etiqueta: edición de código 2017 |
|||
Liña 25: | Liña 25: | ||
=== Imaxes do castro do Porto de Baixo === |
=== Imaxes do castro do Porto de Baixo === |
||
{{Artigo principal|Galería de imaxes do |
{{Artigo principal|Galería de imaxes do castro de Porto Baixo}} |
||
<gallery> |
<gallery> |
Revisión como estaba o 31 de decembro de 2020 ás 05:11
Coordenadas: 42°32′25″N 09°02′01″O / 42.54028, -9.03361
Castro do Porto de Baixo | |
---|---|
Parroquia | Carreira |
Concello | Ribeira |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | séc. VI-II a.C. |
Data da descuberta | 1978 |
Períodos de escavación | Sen escavar |
Estado actual | Parcialmente destruído |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro do Porto de Baixo é un poboado castrexo situado no lugar de Anquieiro na parroquia de Carreira, no concello de Ribeira. Está a carón dunha pequena cala na parte sur do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo.
Morfoloxía
O castro consta dunhas pequenas construcións totalmente soterradas, e rodeadas dunha muralla que as protexe aproveitándose da morfoloxía do terreo. Mide uns 90 x 40 m e ten forma ovalada. Pola súa cara oeste, o mar faille de defensa natural a este recinto. Segundo os expertos, este poboado posiblemente estivo habitado entre os séculos IV ou II antes da nosa era. En decembro do 2004, fixéronse nel unhas pequenas escavacións para sacar á luz a súa gran muralla defensiva.
Estado
Este castro foi descuberto por casualidade no ano 1978, cando se facían sobre el unhas tarefas ilegais de extracción de area. Poucos anos despois extraéronse pedras da súa muralla para ornamentar as paredes de vivendas particulares.
A mediados do ano 2004 o seu estado era lamentable, e podíase ver o cacho de muro descuberto totalmente desfeito. Cómpre subliñar que ningunha administración local nin central puxo interese en sacar á luz este antigo poboado, que estaba a carón dun camiño de pés desfacéndose paseniñamente.
Imaxes do castro do Porto de Baixo
- Artigo principal: Galería de imaxes do castro de Porto Baixo.
-
Muralla do castro de Porto de Baixo
-
Muralla do castro de Porto de Baixo
-
O castro do Porto de Baixo no ano 1978
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castro do Porto de Baixo |
Ligazóns externas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |