Castro do Porto de Baixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°32′25″N 09°02′01″O / 42.54028, -9.03361

Castro do Porto de Baixo
Castro Porto de Baixo 3.jpg
Parroquia Carreira
Concello Ribeira
Provincia A Coruña
Comunidade autónoma Galicia
Cronoloxía
Datas de ocupación séc. VI-II a.C.
Data da descuberta 1978
Períodos de escavación Sen escavar
Estado actual Parcialmente destruído
Extensión estimada ? ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro do Porto de Baixo é un poboado castrexo situado no lugar de Anquieiro na parroquia de Carreira, no concello de Ribeira. Está a carón dunha pequena cala na parte sur do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O castro consta dunhas pequenas construcións totalmente soterradas, e rodeadas dunha muralla que as protexe aproveitándose da morfoloxía do terreo. Mide uns 90 x 40 m e ten forma ovalada. Pola súa cara oeste, o mar faille de defensa natural a este recinto. Segundo os expertos, este poboado posiblemente estivo habitado entre os séculos IV ou II antes da nosa era. En decembro do 2004, fixéronse nel unhas pequenas escavacións para sacar á luz a súa gran muralla defensiva.

Estado[editar | editar a fonte]

Este castro foi descuberto por casualidade no ano 1978, cando se facían sobre el unhas tarefas ilegais de extracción de area. Poucos anos despois extraéronse pedras da súa muralla para ornamentar as paredes de vivendas particulares.

A mediados do ano 2004 o seu estado era lamentable, e podíase ver o cacho de muro descuberto totalmente desfeito. Cómpre subliñar que ningunha administración local nin central puxo interese en sacar á luz este antigo poboado, que estaba a carón dun camiño de pés desfacéndose paseniñamente.

Imaxes do castro do Porto de Baixo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]