Cerponzóns, Pontevedra: Diferenzas entre revisións
m Desfixéronse as edicións de 78.12.119.24 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot 2.0 Etiqueta: Reversión |
Sen resumo de edición |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
{{Parroquia |
{{Parroquia |
||
|nome = Cerponzóns |
|nome = Cerponzóns |
||
|imaxe = Cerponzóns.jpg |
|imaxe = Igrexa de San Vicente de Cerponzóns - fachada.jpg |
||
|lenda = Igrexa parroquial |
|lenda = Igrexa parroquial |
||
|mapa = |
|mapa = |
||
|concello = Pontevedra |
|concello = Pontevedra |
||
Liña 12: | Liña 13: | ||
|entidades = 13 |
|entidades = 13 |
||
}} |
}} |
||
'''San Vicente de Cerponzóns''' é unha parroquia situada ao norte do concello de [[Pontevedra]]. No ano 2015 tiña |
'''San Vicente de Cerponzóns''' é unha parroquia situada ao norte do concello de [[Pontevedra]]. No ano 2015 tiña 806 habitantes (366 homes e 385 mulleres), nove menos ca en[[2004]] (424 mulleres e 391 homes segundo o padrón municipal) e 39 menos ca en [[1999]]. Ten trece entidades de poboación. |
||
Limita con [[Alba, Pontevedra|Alba]], [[Verducido, Pontevedra|Verducido]] e [[Lérez, Pontevedra|Lérez]]. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en [[1868]] ao de Pontevedra. |
Limita con [[Alba, Pontevedra|Alba]], [[Verducido, Pontevedra|Verducido]] e [[Lérez, Pontevedra|Lérez]]. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en [[1868]] ao de Pontevedra. |
Revisión como estaba o 27 de marzo de 2020 ás 12:16
Coordenadas: 42°28′33″N 08°38′28″O / 42.47583, -8.64111
Cerponzóns | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Pontevedra |
Coordenadas | 42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111Coordenadas: 42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Área | 6,1 km² |
Poboación | 751 hab. (2015) |
Densidade | 123,11 hab./km² |
Entidades de poboación | 13 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2015 tiña 806 habitantes (366 homes e 385 mulleres), nove menos ca en2004 (424 mulleres e 391 homes segundo o padrón municipal) e 39 menos ca en 1999. Ten trece entidades de poboación.
Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.
Patrimonio
A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.
A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o embalse de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.
Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben en 1997 se construíu unha ponte paralela[1].
Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.
Galería de imaxes
-
Cruceiro na Balea.
-
Fito de legua na N-550 ao seu paso polo Cunchido.
Notas
- ↑ "El puente de Cerponzóns", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 28 de outubro de 2015.
Lugares e parroquias
Lugares de Cerponzóns
Lugares da parroquia de Cerponzóns no concello de Pontevedra | |
---|---|
A Balea | Bouza | O Bravo | O Castrado | A Costa | O Cunchido | A Ermida | Leborei | A Meán | Pidre | O Queimado | San Caetano | Tilve | Vigario |