Romanización de Galicia: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
villa > vila |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
O territorio pertenceu primeiro á provincia de [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], logo á [[Tarraconensis]] e finalmente constituíuse a [[Gallaecia]], xa no [[século III]]. Esta dividiuse en tres [[conventus iuridicus|conventos]] (demarcacións) xurídicos: [[convento bracarense|bracarense]], [[convento lucense|lucense]] e [[convento asturicense|asturicense]]. O latín foi substituíndo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no [[século III]] d.C. |
O territorio pertenceu primeiro á provincia de [[Lusitania (provincia)|Lusitania]], logo á [[Tarraconensis]] e finalmente constituíuse a [[Gallaecia]], xa no [[século III]]. Esta dividiuse en tres [[conventus iuridicus|conventos]] (demarcacións) xurídicos: [[convento bracarense|bracarense]], [[convento lucense|lucense]] e [[convento asturicense|asturicense]]. O latín foi substituíndo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no [[século III]] d.C. |
||
Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da '' |
Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da ''vila'' romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandiría a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no [[século II]]. Nas minas empregábanse escravos, mais as ''villae'' foron atendidas por [[colono]]s. A estrutura social [[Cultura Castrexa|castrexa]] persistiría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural. |
||
Na Gallaecia o [[cristianismo]] foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da [[Legio VII Gemina]]. Un episodio notorio foi a difusión do [[priscilianismo]] a fins do [[século IV]]. |
Na Gallaecia o [[cristianismo]] foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da [[Legio VII Gemina]]. Un episodio notorio foi a difusión do [[priscilianismo]] a fins do [[século IV]]. |
Revisión como estaba o 30 de novembro de 2018 ás 19:33
- Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)
A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.
Orixe e evolución
O comezo de romanización de Galicia adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en populi e castella, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.
O territorio pertenceu primeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituíuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituíndo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no século III d.C.
Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da vila romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandiría a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa persistiría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.
Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.
As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Orosio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio o Vello, Tolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e Martiño de Dumio, e no Itinerario de Antonino.
Trátanse de breves descricións de Galicia que, como a feita por Mela na súa obra Coreografía, achegan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos Celtici.
Véxase tamén
Bibliografía
- Arias Vilas, Felipe. A Romanización de Galicia. Historia de Galicia 4. Edicións A Nosa Terra. (1992).
- Tranoy, Alain. La Galice Romaine. Pub. du Centre Pierre París, 7. (1981).
Outros artigos
Ligazóns externas
- Xosé C. Villaverde Román, A Romanización do Morrazo. Agrupación Cultural NÓS, Agosto (2000)
- Recompilación de novas na prensa sobre a romanización de Galicia
- Vídeo sobre a romanización de Galicia no Museo Provincial de Lugo
- Vídeo sobre a romanización de Galicia no Museo do Castelo de Santo Antón da Coruña
- Vídeo sobre a romanización de Galicia no Museo Arqueolóxico de Ourense