Idade Antiga de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia de Galicia
Descripcion Reyno de Galizia de Ojea.jpg
Este artigo é parte da Categoría:Galicia
Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia

Coñécese como protohistoria o período de cada cultura sobre o cal non existen textos escritos producidos pola propia cultura que se investiga, pero si referencias en autores doutras civilizacións. Para Galiza, as fontes son as greco-latinas, polo que este período se inscribe xeralmente na Idade Antiga.

As primeiras mencións que teñen chamado a atención son a de certas illas, as Cassitérides, nas que abundaba o estaño. Pero o coñecemento do Occidente foi extremadamente limitado até a época helenística. A primeira referencia é a dun viaxeiro marsellés de fins do século IV a. C., Piteas, quen menciona o cabo Nerio e a tribo dos ártabros. Estas informacións foron recollidas por Eratóstenes (século III a. C.); máis tarde escribiron Polibio (século II a. C.), Artemidoro, Posidonio e Estrabón (século I a. C.), Plinio o Vello (século I) e Ptolomeu (século II).

A indoeuropeización do cuadrante norocidental da Península Ibérica durante o Idade de Bronce foi continuada por elementos se cadra célticos durante a Idade do Ferro, a partir do século VI a. C. Apareceu así a cultura castrexa, caracterizada polos castros ou citanias, poboados fortificados sen apenas urbanismo. Aínda que por veces ferro e Cultura castrexa se fagan equivalentes, convén distinguir entre os dous conceptos porque a transición entre Bronce e Ferro é aínda bastante descoñecida e non está claro que elementos anteriores pervivíron e de onde proveñen os trazos prototí­picos do mundo castrexo. En efecto, os castros máis antigos datan dos séculos VIII e VII a. C. Esta área cultural ten o seu límite oriental no río Navia e o Bierzo e o meridional no río Douro. Non se deu en ningún momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo xentilicio. Da lenta fusión por aculturación entre os mundos castrexo e provincial romano xorde a cultura galaico-romana.