Henrique, duque de Viseu: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 29: Liña 29:
Cunha nova embarcación, a [[Carabela (embarcación)|carabela]], as expedicións sufriron un gran impulso. O [[Cabo Branco, Mauritania|Cabo Branco]] foi alcanzado en [[1441]] por Nuno Tristán e Antón Gonçalves. A [[Baía de Arguim]] en [[1443]], coa conseguinte construción dun forte en [[1448]].
Cunha nova embarcación, a [[Carabela (embarcación)|carabela]], as expedicións sufriron un gran impulso. O [[Cabo Branco, Mauritania|Cabo Branco]] foi alcanzado en [[1441]] por Nuno Tristán e Antón Gonçalves. A [[Baía de Arguim]] en [[1443]], coa conseguinte construción dun forte en [[1448]].


Dinis Dias chega ao [[río Senegal]] e dobra o [[Cabo Verde]] en [[1444]]. Visita [[Guinea-Bisau|Guinea]], e os límites ao sur do gran deserto do [[Sahara]] son superados. A partir de aí, D. Henrique cumpre un dos seus obxectivos: desviar as rotas do comercio do Sahara e acceder ás riquezas da África Meridional. En [[1452]] a chegada de ouro era en suficiente cantidade para que se acuñaran os primeiros ''cruzados'' de ouro.
Dinis Dias chega ao [[río Senegal]] e dobra o [[Cabo Verde]] en [[1444]]. Visita [[Guinea-Bisau|Guinea]], e os límites ao sur do gran deserto do [[Sahara]] son superados. A partir de aí, D. Henrique cumpre un dos seus obxectivos: desviar as rotas do comercio do Sahara e acceder ás riquezas da África Meridional. En [[1452]] a chegada de ouro era en suficiente cantidade para que se [[Cuñaxe|acuñaran]] os primeiros ''cruzados'' de ouro.


Entre [[1444]] e [[1446]], preto de corenta embarcacións saíron de [[Lagos, Algarve|Lagos]]. Na década de 1450 descubriu o arquipélago de Cabo Verde. Data desa época a orde dun mapa-mundo do vello mundo a Fra Mauro, un monxe veneciano.
Entre [[1444]] e [[1446]], preto de corenta embarcacións saíron de [[Lagos, Algarve|Lagos]]. Na década de 1450 descubriu o arquipélago de Cabo Verde. Data desa época a orde dun mapa-mundo do vello mundo a Fra Mauro, un monxe veneciano.

Revisión como estaba o 28 de novembro de 2018 ás 11:10

Infotaula de personaHenrique, duque de Viseu

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Henrique de Avis, 1.º Duque de Viseu Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1394 Editar o valor em Wikidata
Porto (Reino de Portugal) Editar o valor em Wikidata
Morte13 de novembro de 1460 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Vila do Bispo (Reino de Portugal) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Batalha Editar o valor em Wikidata
Grão-Mestre da Ordem de Cristo (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesHenrique o Navegador
Infante de Sagres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoConquista de Ceuta (pt) Traducir e 2.º Cerco de Ceuta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloSeñor (1415–)
Duque de Viseu (pt) Traducir (1415–)
Cabaleiro (1415–) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor em Wikidata
PaisXoán I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e Filipa de Lancaster Editar o valor em Wikidata
IrmánsBeatriz, Condessa de Arundel (pt) Traducir, Isabel de Portugal, Duquesa de Borgoña, Duarte de Portugal, Fernando, o Infante Santo, Pedro, Duque de Coimbra, Afonso I, Duque de Bragança e Xoán, Infante de Portugal Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Aviz-20 Find a Grave: 9131341 Editar o valor em Wikidata

O Infante Don Henrique, duque de Viseu, nado en Porto o 4 de marzo de 1394 e finado o 13 de novembro de 1460, foi un príncipe portugués e a máis importante figura do inicio da era dos Descubrimentos, tamén coñecido na historia como Infante de Sagres ou O Navegador.

Traxectoria

O Infante D. Henrique naceu na cidade do Porto o Mércores de Cinsa día que se consideraba pouco propicio ao nacemento dun neno. Era o quinto fillo do rei Xoán I de Portugal, fundador da Dinastía de Avis, e de Dona Filipa de Lancaster (Lencastre en portugués).

O infante foi bautizado algúns días despois do seu nacemento, sendo o seu padriño o Bispo de Viseu. Os seus pais deron-lle o nome Henrique posibelmente en honra do seu tío materno, o duque Henrique de Lancaster.

Pouco se sabe sobre a vida do infante ata os seus catorce anos. O infante e os seus irmáns (a chamada Ínclita xeración) tiveron como aio un cabaleiro da Orde de Avis.

En 1414, convenceu ó seu pai para montar a campaña de conquista de Ceuta, na costa norteafricana xunto ao estreito de Xibraltar. A cidade foi conquistada en agosto de 1415, asegurando ao Reino de Portugal o control das rutas marítimas de comercio entre o Atlántico e o Levante.

En 1415, foi armado cabaleiro e recibiu os títulos de Duque de Viseu e Señor da Covilhã. O 18 de febreiro de 1416, foi encargado do Goberno de Ceuta. Correspondíalle organizar no reino o mantemento da Praza marroquí.

En 1418, volveu a Ceuta na compañía de D. Xoán, o seu irmán máis novo. Os Infantes dirixían unha expedición de socorro á cidade, que sufriu nese ano o primeiro longo asedio, imposto conxuntamente polas forzas dos reis de Fez e de Granada. O cerco malogrouse e D. Henrique tentou de inmediato atacar Xibraltar, pero o mal tempo impediulle desembarcar: manifestaba así unha vez máis a temeridade e fervor antimusulmano do Infante. Ao regresar a Ceuta recibiu ordes de D. Xoán I, para non continuar tal proxecto, polo que volveu para o reino nos primeiros meses de 1419. Montou por esta época unha armada de corso, que actúa na zona do estreito de Xibraltar a partir de Ceuta. Así dispuña dunha fonte de ingresos e moitos dos seus homes habituábanse ao mar. Algúns deles serían desviados, máis tarde, para outras viaxes cara a novos destinos.

En 1419-1420 algúns dos seus escudeiros, João Gonçalves Zarco e Tristão Vaz Teixeira, desembarcaron entón nas illas Madeirenses, que xa eran visitadas por navegadores portugueses desde o século anterior. As illas resultaron de gran importancia producindo grandes cantidades de cereais, minimizando a escaseza que aflixía a Portugal. O arquipélago foi doado a D. Henrique polo seu irmán o rei D. Duarte, sucesor de D. Xoán I, en 1433.

A Cruz da Orde de Cristo, símbolo que adornou, entre outros, as naus portuguesas durante os descubrimentos.

O 25 de maio de 1420, D. Henrique foi nomeado dirixente da Orde de Cristo, que sucedeu á Orde dos Templarios, cargo que mantería ata a fin da vida. No que concerne ao seu interese na explotación do Océano Atlántico, o seu cargo na Orde foi tamén importante ao longo da década de 1440.

En 1427, os navegantes descubriron as primeiras illas das Azores (posiblemente Gonçalo Velho). Tamén estas illas deshabitadas foron despois colonizadas polos portugueses.

Ata a época do Infante D. Henrique, o Cabo Bojador era para Europa o punto coñecido máis meridional na costa de África. Gil Eanes, que ocupou unha das expedicións, foi o primeiro en pasalo en 1434 eliminando os medos entón vixentes en canto ao descoñecido que para alén do Cabo se encontrarían.

No momento da morte de D. Xoán I, o seu fillo máis vello (e irmán de D. Henrique), D. Duarte subiu ao trono, e entregou a este un quinto de todos os proveitos comerciais das zonas descubertas así como o dereito de explotar alén do Cabo Bojador.

O reinado de D. Duarte durou só cinco anos, despois do cal, D. Henrique apoiou o seu irmán D. Pedro na rexencia durante a minoría de idade do sobriño D. Afonso V, recibindo a cambio a confirmación do seu privilexio. Procedeuse tamén, durante a rexencia, á colonización das Azores.

Cunha nova embarcación, a carabela, as expedicións sufriron un gran impulso. O Cabo Branco foi alcanzado en 1441 por Nuno Tristán e Antón Gonçalves. A Baía de Arguim en 1443, coa conseguinte construción dun forte en 1448.

Dinis Dias chega ao río Senegal e dobra o Cabo Verde en 1444. Visita Guinea, e os límites ao sur do gran deserto do Sahara son superados. A partir de aí, D. Henrique cumpre un dos seus obxectivos: desviar as rotas do comercio do Sahara e acceder ás riquezas da África Meridional. En 1452 a chegada de ouro era en suficiente cantidade para que se acuñaran os primeiros cruzados de ouro.

Entre 1444 e 1446, preto de corenta embarcacións saíron de Lagos. Na década de 1450 descubriu o arquipélago de Cabo Verde. Data desa época a orde dun mapa-mundo do vello mundo a Fra Mauro, un monxe veneciano.

En 1460 a costa estaba xa explorada ata o que é hoxe a Serra Leoa.

Non obstante, D. Henrique estaba ocupado con asuntos internos do Reino. Crese que apoiou a creación, na Universidade de Coímbra, dunha cátedra de astronomía.

Foi tamén un dos principais organizadores da conquista de Tánxer en 1437, que se revelou un gran fracaso, xa que o seu irmán máis novo, D. Fernando (o Infante Santo) foi alí capturado e aprisionado durante 11 anos, ata morrer. A súa reputación militar sufriu un revés e os seus últimos anos de vida adicounos á política e á explotación.

Véxase tamén

Bibliografia

  • ALBUQUERQUE, Luís de. Dicionário de história dos descobrimentos portugueses. Lisboa: Círculo de Leitores, 1994.
  • DOMINGUES, Mário. O Infante D. Henrique. Lisboa: Romano Torres, 1957. Comentário: Trabalho sobre o Infante, com três grandes capítulos: do tempo que vai desde o seu nascimento até à empresa de Ceuta, ao período dos estudos e experiências feitas pelo Infante tendo como objectivo os descobrimentos e por fim relativo ao período desde a morte de D. João I até à Batalha de Alfarrobeira, que é meramente político, com referências à tomada de posição em relação à regência do Reino despois da morte do rei D. Duarte e o seu relacionamento com o Infante D. Pedro. D. Afonso Henrique morreu em 1460 sem tal que lhe acontecesse.
  • RUSSEL, Peter. Prince Henry ´the Navigator´a Life. New Haven: Yale University Press, 2000. ISBN 0-300-08233-9
  • Xavier, Francisco Cândido Xavier. Brasil Coração do Mundo Pátria do Evangelho. FEB.