Diferenzas entre revisións de «Historia de Istambul»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
(Recuperando 5 fontes e etiquetando 4 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
 
Trala revolta ''Niká'' en [[532]], na que gran parte da cidade resulta incendiada, o emperador da inicio a un vasto programa construtor.
A primeira Santa Sofía ardera xa nuns disturbios no [[404]]; reconstruída inmediatamente, a segunda basílica foi queimada durante a revolta Niká. Xustiniano chamou a [[Antemio de Tralles]] e a [[Isidoro de Mileto]] para construír o maior templo nunca erixido ata entón. Abofé que o conseguiron. [[Santa Sofía]] é un deseño único e orixinal, enorme, cun interior grandioso e abundante decoración. A culminación era unha gran cúpula que colapsou nun terremoto en [[558]]. De inmediato foi reconstruída por Isidoro o Novo con materiais máis lixeiros e unha maior frecha (+6,25 m para unha altura total de 60 metros).<ref>[{{Cita web |url=http://www.diatheke.org/AgiaSofia/index.php?content1=Sofiahistory |título=Historia de Agia Sofia, en inglés] |data-acceso=02 de decembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090512040552/http://www.diatheke.org/AgiaSofia/index.php?content1=Sofiahistory |dataarquivo=12 de maio de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
 
Santa Sofía soamente foi o estandarte dun grupo de igrexas fundamentais na historia da cidade: aos mesmos arquitectos, Xustiniano encargoulles a erección dun templo maior dos [[Apóstolo|Santos Apóstolos]] (salvando o Mausoleo de Constantino) onde enterraríase el e os seguintes emperadores ata o medievo; ademais San Polieucto e Santos Serxio e Baco, que podería ser un precedente para Santa Sofía; e unha nova [[Santa Irene]], xa que a primitiva tamén fora incendiada na revolta.
147.174

edicións

Menú de navegación