Saltar ao contido

Constantino II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConstantino II

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Claudius Constantinus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementofebreiro de 316 Editar o valor en Wikidata
Arles, Francia Editar o valor en Wikidata
Morteabril de 340 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Aquileia, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, morto en combate Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
22 de maio de 337 (Gregoriano) – 340 (Gregoriano)
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCésar (título) Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia constantiniana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisConstantino I o Grande Editar o valor en Wikidata  e Fausta Editar o valor en Wikidata
IrmánsHelena
Constantina
Constante
Constancio II
Flavio Xulio Crispo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6106648

Flavius Claudius Constantinus, foi emperador romano entre os anos 337 ao 340. Fillo terceiro de Constantino o Grande e mais a súa esposa Fausta, naceu en Arelate, a actual Arlés, na provincia da Galia no ano 316.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sendo un bebé, no 317, foi nomeado César, e no 323, con sete anos de idade xa participa co seu pai nunha campaña contra os sármatas. Aos dez anos foi nomeado comandante en xefe das tropas da Galia, a morte do seu medio irmán Crispo, e unha inscrición atopada na Galia o nomea alamaricus, polo que é probábel que os seus xenerais tiveran gañado algunha batalla contra os alamáns no ano 330. A súa carreira militar continuou co nomeamento por parte do seu pai coma xefe da campaña contra os godos no 332, que invadiran a Tracia e a Moesia, derrotándoos e collendo como refén o fillo máis vello do rei godo Alarico.

A morte do seu pai, Constantino o Grande, reúnese cos seus irmáns en Sirmium, no territorio da Panonia, sendo nomeado Augustus baixo o nome de Constantino II, e na división do Imperio, correspóndelle gobernar as provincias da Galia, Hispania e Britania. Sendo seu irmán Constante moi cativo, noméase a Constantino II o seu titor e coidador das terras de Italia, África e Iliria que lle corresponderan a Constante.

Viuse envolto nas loitas das dúas correntes do cristianismo. O trinitarismo era a dominante en Occidente, mentres o arianismo érao en Oriente. Constantino II liberou a Atanasio, bispo de Alexandría e autorizouno a volver á cidade, acción que o indispuxo co seu irmán Constancio II que era adepto o arianismo.

Coa maioría de idade de Constante, este solicita a liberación da súa porción do Imperio que lle tocara na división feita en setembro do 327 en Sirmium, ao que se nega Constantino II. O seu carácter autoritario supoñía que seu irmán se ía pregar, pero rebelouse contra esta imposición, o que obrigou a Constantino a ir contra Italia e o seu irmán, e as tropas atopáronse en Aquileia, sendo derrotado e morto Constantino II e o seu corpo foi guindado ó río Alsa en abril do 340. Posteriormente foi recuperado e soterrado en Constantinopla con honores imperiais, ficando Constante coa porción do Imperio do seu irmán.

Imperio Romano

Segue a:
Licinio
Constantino II
Precede a:
Constante
Constantina