Teodosio II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teodosio II
Theodosius II Louvre Ma1036.jpg
Nacemento 10 de abril de 401
Lugar Constantinopla
Falecemento 28 de xullo de 450
Lugar Constantinopla
Causa queda de cavalo
Nacionalidade Imperio Bizantino
Ocupación político
Cónxuxe Aélia Eudócia
Fillos Licínia Eudóxia
editar datos en Wikidata ]
Busto de Teodosio II.

Flavius Theodosius, coñecido como Teodosio II, nado o 10 de abril do 401 e finado o 28 de xullo de 450, foi o fillo máis vello de Eudoxia e de Arcadio, á idade de 7 anos converteuse en emperador romano de Oriente, gobernando desde o 408 ao 450. Primeiro o goberno estivo en mans de Antemio, prefecto pretorio de oriente, que xa gobernara durante o reinado de seu pai, pero a partir do 414 Teodosio viuse influenciado pola súa irmá máis vella, Pulqueria, que o levou a un cristianismo intransixente e á persecución de xudeus e pagáns.

Casou con Atenais no ano 421, filla dun sofista pagán, que tivo que bautizarse antes de casar co emperador. Cambiou o seu nome para Eudoxia Aelia. Con ela tivo unha filla, chamada Licinia Eudoxia, que casou con Valentiniano III, emperador Romano de Occidente.

Durante o reinado de Teodosio apareceu o nestorianismo e os primeiros problemas graves de relixión, que afectarían fortemente ao imperio no futuro próximo e a longo prazo. os seus exércitos rexeitaron invasións persas, pero foi derrotado por Atila o huno, a quen debeu tributar. Tamén creou a Universidade de Constantinopla.

Faleceu inesperadamente en 450, produto dun accidente ecuestre.

O Código de Teodosio[editar | editar a fonte]

En 429 Teodosio creou unha comisión para sintetizar e aclarar tódalas leis existentes desde o reinado de Constantino e crear un sistema legal completamente formalizado. Este plan quedou incompleto, pero unha segunda comisión, que recolleu toda a lexislación existente, si se completou e a súa colección publicouse como o Codex Theodosianus no 438.

Imperio Bizantino

Segue a:
Arcadio
Teodosio II
Precede a:
Marciano
Dinastía Valentiniana-Teodosiana