Valente
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 328 Vinkovci, Croacia (en) |
| Morte | 9 de agosto de 378 Edirne, Turquía |
| Causa da morte | morte en combate, Batalla de Adrianópole |
| Cónsul romano | |
| 378 – 378 | |
| Cónsul romano | |
| 376 – 376 | |
| Cónsul romano | |
| 373 – 373 | |
| Cónsul romano | |
| 370 – 370 | |
| Cónsul romano | |
| 368 – 368 | |
| Cónsul romano | |
| 365 – 365 | |
| Tribuno da plebe | |
| 28 de marzo de 364 – 9 de agosto de 378 | |
| Pontífice máximo | |
| 28 de marzo de 364 – 9 de agosto de 378 | |
| Imperator | |
| 28 de marzo de 364 – 9 de agosto de 378 | |
| Emperador bizantino | |
| 28 de marzo de 364 – 9 de agosto de 378 ← Valentiniano I – Graciano → | |
| 28 de marzo de 364 (Gregoriano) – 9 de agosto de 378 (Gregoriano) | |
| Conde do estábulo (pt) | |
| 1 de marzo de 364 – | |
| Senador romano | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, oficial |
| Período | Imperio Romano, Byzantine Egypt (en) |
| Carreira militar | |
| Lealdade | Imperio Romano |
| Conflito | Guerras Góticas |
| Outro | |
| Título | Emperador romano (364–378) |
| Familia | Valentinianic dynasty (en) |
| Cónxuxe | Albia Dominica |
| Fillos | Anastasia, Valentiniano Galates |
| Pai | Graciano |
| Irmáns | Valentiniano I |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Реальный словарь классических древностей по Любкеру, 1885 Obálky knih, |

Valente, nado no ano 328 e finado o 9 de agosto do 378 en Cibalae, a actual Vinkovci (Croacia), foi emperador romano de 364 a 378, despois de que o seu irmán Valentiniano I lle cedese a parte oriental do imperio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de Xuliano. Destituíu aos bispos arianos e reafirmou o Credo de Nicea. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por Procopio, un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en Tracia e Asia Menor, Valente conseguiu derrotar a Procopio en Thyatira (Lidia) en 366, executando ao rebelde o 27 de maio do mesmo ano.
De 366 a 369 Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos terwingos que apoiaran a Procopio.
Os godos, que estaban sufrindo a invasión dos hunos desde 376, buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.
Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o imperio Sasánida.
Unha rebelión dos godos ao mando de Fritixerno deu lugar á batalla de Adrianópole, onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.
Do seu matrimonio con Alba Domnica naceu o ulterior cónsul Valentiniano Galates e dúas fillas, Anastasia e Carosa.
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Valentiniano I |
Valente | Precede a: Graciano |
| Dinastía Valentiniana-Teodosiana | ||