Grafton Elliot Smith: Diferenzas entre revisións
retiro {{illado}}; inclúo {{sen referencias}} |
Sen resumo de edición |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Doutorouse en medicina en [[1895]] pola [[Universidade de |
Doutorouse en medicina en [[1895]] pola [[Universidade de Sydney]] e interesouse pola [[anatomía]] do [[cerebro]] humano. Viaxou a [[Cambridge]] en [[1896]] e catalogou a colección de cerebros humanos do [[British Museum]]. Entre [[1900]] e [[1909]] foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de medicina do [[O Cairo|Cairo]] e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar [[raios X]] a unha momia. |
||
En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a [[Nubia]]. En [[1909]], de volta ao [[Reino Unido]], foi profesor de anatomía en [[Manchester]], e de [[1919]] a [[1937]] foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a [[primeira guerra mundial]] serviu en hospitais militares. |
En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a [[Nubia]]. En [[1909]], de volta ao [[Reino Unido]], foi profesor de anatomía en [[Manchester]], e de [[1919]] a [[1937]] foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a [[primeira guerra mundial]] serviu en hospitais militares. |
Revisión como estaba o 20 de xullo de 2018 ás 11:12
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1871 Grafton, Australia (pt) |
Morte | 1 de xaneiro de 1937 (65 anos) Broadstairs, Reino Unido (pt) |
Presidente Manchester Literary and Philosophical Society (en) | |
1919 – 1919 | |
Datos persoais | |
Residencia | Reino Unido |
País de nacionalidade | Australia |
Educación | Sydney Medical School (en) St John's College (pt) Universidade de Sydney |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo , exiptólogo , arqueólogo , médico |
Empregador | University College de Londres |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Grafton Elliot Smith, nado en Grafton, Nova Gales do Sur, en 1871 e finado en Londres en 1937, foi un anatomista australiano, coñecido pola súa teoría hiperdifusionista da prehistoria.
Traxectoria
Doutorouse en medicina en 1895 pola Universidade de Sydney e interesouse pola anatomía do cerebro humano. Viaxou a Cambridge en 1896 e catalogou a colección de cerebros humanos do British Museum. Entre 1900 e 1909 foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de medicina do Cairo e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar raios X a unha momia.
En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a Nubia. En 1909, de volta ao Reino Unido, foi profesor de anatomía en Manchester, e de 1919 a 1937 foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a primeira guerra mundial serviu en hospitais militares.
Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas.
Smith cría que todos os fenómenos megalíticos tiñan a súa orixe en Exipto, e cría que de aí se difundira directamente por Siria, Creta, África Oriental, sur de Arabia e Sumeria, chegando a outras áreas indirectamente, e a cultura neolítica europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo Glyn Daniel como hiperdifusionismo, cunha intención pexorativa.