Grafton Elliot Smith
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 15 de agosto de 1871 Grafton |
| Morte | 1 de xaneiro de 1937 Broadstairs |
| Presidente Manchester Literary and Philosophical Society (en) | |
| 1919 – 1919 | |
| Datos persoais | |
| Residencia | Reino Unido |
| Educación | Escola de Medicina de Sydney St John's College Universidade de Sydney |
| Actividade | |
| Ocupación | antropólogo, médico, exiptólogo, arqueólogo, anatomista |
| Empregador | University College de Londres |
| Membro de | |
| Premios | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Grafton Elliot Smith, nado en Grafton, Nova Gales do Sur, en 1871 e finado en Londres en 1937, foi un anatomista australiano, coñecido pola súa teoría hiperdifusionista da prehistoria.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en medicina en 1895 pola Universidade de Sydney e interesouse pola anatomía do cerebro humano. Viaxou a Cambridge en 1896 e catalogou a colección de cerebros humanos do British Museum. Entre 1900 e 1909 foi o primeiro catedrático de anatomía da escola de medicina do Cairo e investigou os cerebros das momias exipcias, foi o primeiro investigador en aplicar raios X a unha momia.
En 1907 converteuse en conselleiro arqueolóxico dunha expedición a Nubia. En 1909, de volta ao Reino Unido, foi profesor de anatomía en Manchester, e de 1919 a 1937 foi catedrático de anatomía no colexio universitario de Londres. Durante a primeira guerra mundial serviu en hospitais militares.
Smith foi especialista na evolución do cerebro, e moitas das súas ideas da evolución do cerebro do primate aínda son válidas.
Smith cría que todos os fenómenos megalíticos tiñan a súa orixe en Exipto, e cría que de aí se difundira directamente por Siria, Creta, África Oriental, sur de Arabia e Sumeria, chegando a outras áreas indirectamente, e a cultura neolítica europea tamén derivaría de Exipto. Esa teoría denominouna o arqueólogo Glyn Daniel como hiperdifusionismo, cunha intención pexorativa.