Donald Davidson: Diferenzas entre revisións
Melloro estilos de localización |
Xas (conversa | contribucións) m modelo biografía |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
'''Donald Herbert Davidson''' nado en [[Springfield]], [[Massachusetts]], o [[6 de marzo]] de [[1917]] e finado o [[30 de agosto]] de [[2003]] en [[Berkeley]] ([[California]]), foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos. |
'''Donald Herbert Davidson''' nado en [[Springfield]], [[Massachusetts]], o [[6 de marzo]] de [[1917]] e finado o [[30 de agosto]] de [[2003]] en [[Berkeley]] ([[California]]), foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Formado na [[Universidade Harvard]], deu clases posteriormente na Stanford, [[Universidade de Princeton|Princeton]], Rockefeller, Chicago, e California. |
Formado na [[Universidade Harvard]], deu clases posteriormente na Stanford, [[Universidade de Princeton|Princeton]], Rockefeller, Chicago, e California. |
Revisión como estaba o 22 de maio de 2018 ás 16:43
Nome orixinal | (en) Donald Herbert Davidson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de marzo de 1917 Springfield, Estados Unidos de América |
Morte | 30 de agosto de 2003 (86 anos) Berkeley, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Residencia | Berkeley (1981–2003) |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade Harvard - filosofía, estudos clásicos (–1949) Staten Island Academy (en) |
Director de tese | Willard Van Orman Quine |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Princeton Stanford University Philosophy Department (en) Universidade Stanford Universidade de Chicago Universidade de California en Berkeley Universidade Rockefeller (pt) |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Doutorando | Stephen Yablo (en) e Michael Bratman (pt) |
Premios
| |
Donald Herbert Davidson nado en Springfield, Massachusetts, o 6 de marzo de 1917 e finado o 30 de agosto de 2003 en Berkeley (California), foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos.
Traxectoria
Formado na Universidade Harvard, deu clases posteriormente na Stanford, Princeton, Rockefeller, Chicago, e California.
A súa obra exerceu considerable influencia en diversas áreas da filosofía a partir dos anos 1960, en especial nas áreas da filosofía da mente, filosofía da linguaxe, e teoría da acción.
Pensamento
Davidson entende que hai un interpretar comprensivo na comunicación intersubxectiva que se relaciona coas condicións de verdade dun enunciado. Davidson vai impugnar o empirismo do seu mestre Willard Van Orman Quine, non existe un dualismo entre subxectividade e mundo obxectivo, entende que non existen un presunto material neutro á espera de ordenación conceptual. Toma distancia fronte a unha ciencia que ve como omniabarcadora e que acabará coa filosofía mesma.
Existe un modo lexítimo de coñecemento distinto da ciencia física que permite abordar filosoficamente os sentimentos, os desexos, as intencións e todo un discurso mental desprezado polo empirismo. Sendo un externalista (existen conexións entre o mundo exterior e o contido dos nosos pensamentos), afirma porén que interpretamos un experimento como interpretamos calquera outra cousa. Davidson segue afincado no materialismo fisicista pero entende que existen descricións verdadeiras dende o punto de vista epistemolóxico que non se se cinguen a leis físicas. O pensamento esixe elementos compartidos de verdade e obxectividade, existe un contexto público intersubxectivo ao que a mente se ve dalgún xeito sometida. Non podemos entender a outro se non compartimos o seu mundo e non o vemos tan lóxico como o somos nós (principio de caridade). A fonte da obxectividade é a intersubxectividade (trangulación).
Relaciona tamén a filosofía práctica coa filosofía da linguaxe ao estudar a acción. Considera que a conduta intencional obedece a un proceso causal pero isto non impide que existan contradicións no suxeito debido á mente parcelada onde se mesturan desexos e arelas en seccións mentais semiautónomas.
Obras
- Inquiries into Truth and Interpretation, 2001
- Subjetive, Intersubjetive, Objetive, 2001