Tito (emperador): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Liña 1: Liña 1:
{{Sen referencias|data=febreiro de 2017}}
{{Sen referencias|data=febreiro de 2017}}
{{outroshomónimos|Tito}}
{{Outros homónimos|Tito}}
[[Ficheiro:Colosseum-2003-07-09.jpg|miniatura|dereita|190px|O ''Amphitheatrum Flavium'', coñecido como o [[Coloseo]]]]
[[Ficheiro:Colosseum-2003-07-09.jpg|miniatura|dereita|190px|O ''Amphitheatrum Flavium'', coñecido como o [[Coloseo]]]]
[[Ficheiro:Arco de Tito.jpg |miniatura|dereita|190px|O Arco de Tito en Roma]]
[[Ficheiro:Arco de Tito.jpg |miniatura|dereita|190px|O Arco de Tito en Roma]]

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2017 ás 15:14

O Amphitheatrum Flavium, coñecido como o Coloseo
O Arco de Tito en Roma

Titus Flavius Sabinus Vespasianus, nado o 30 de decembro de 39 e finado o 13 de setembro de 81 foi un emperador romano. No ano 79, á morte do seu pai Vespasiano, quen foi divinizado, foi nomeado o seu sucesor. É o segundo emperador da dinastía Flavia.

Traxectoria

Tito seguira unha brillante carreira militar en Britania e Xermania e sufocou a rebelión xudía no ano 70. Despois de todos estes feitos, foi nomeado césar e o seu pai asociouno ó goberno.

A destrución do templo de Xerusalén, a súa lendaria xenerosidade e bondade de carácter e os seus contrariados amores con Berenice, irmá do rei xudeu Agripa II, converteron a Tito en protagonista de dramas e óperas.

Pero gobernou pouco tempo, apenas dous anos, e o seu paso pola escena política carece de relevo e interese.

A fama das súas boas cualidades humanas venlle dos seus desvelos por auxiliar as vítimas da erupción do Vesuvio no ano 79, e a destrución das cidades de Pompeia e Herculano e cos damnificados do incendio que un ano despois sufriu a propia Roma. Morreu de forma prematura no ano 81.

Imperio Romano

Segue a:
Vespasiano
Tito (emperador)
(79-81)

Precede a:
Domiciano
Dinastía Flavia