Abruzos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
| imaxe_escudo = Regione-Abruzzo-Stemma.svg
| imaxe_escudo = Regione-Abruzzo-Stemma.svg
| imaxe_escudo_tamaño = 70px
| imaxe_escudo_tamaño = 70px
| imaxe_mapa = Italy Regions Abruzzo Map.png
| imaxe_mapa = Abruzzo in Italy.svg
| símbolos =
| símbolos =
| lema=
| lema=

Revisión como estaba o 27 de xuño de 2017 ás 10:34

Modelo:Primeira entidade subestatal Os Abruzos[1][2][3] (en italiano L'Abruzzo ou gli Abruzzi) é unha rexión italiana de 1,3 millóns de habitantes, con capital en L'Aquila. Limita ao norte coas Marcas, ao oeste co Lazio, ao sur con Molise e ao leste co mar Adriático. Ocupa unha superficie de 10 798 km2, e está dividido en catro provincias: L'Aquila, Pescara, Chieti e Teramo.

Xeografía

Rexión prevalentemente montañosa, está constituída no 65% por montañas e no restante 35% por outeiros. A chaira ocupa unha estreita faixa costeira que bordea o litoral. A rexión presenta os cumios máis altos dos Apeninos, con Gran Sasso d'Italia de 2 914 m e o macizo da Majella de 2 791 m. Os ríos principais son o Aterno-Pescara, o Sangro, o Tronto, o Trigno, o Tordino, o Vomano e a parte alta do Liri que desagua no mar Tirreno.

Poboación

Mapa das provincias do Abruzzo
Fronte marítima de Pescara (Os Abruzos)

Os principais núcleos de poboación desta rexión son:

Cidade Poboación
(hab)
Provincia
Superficie
(km2)
Pescara 122 457 Pescara 33,6 km2
L'Aquila 71 989 L'Aquila 466,87 km2
Chieti 55 751 Chieti 58 km2
Téramo 54 847 Téramo 151 km2
Montesilvano 44 687 Pescara 23 km2
Avezzano 40 110 L'Aquila 104,05 km2
Vasto 37 657 Chieti 70 km2
Lanciano 36 306 Chieti 66 km2
Sulmona 25 307 L'Aquila 58,33 km2
Roseto degli Abruzzi 23 831 Téramo 52 km2

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para abrucés.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1444. ISBN 9788482893419. 
  3. «Abruzos, Os». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 31.