Eugène Delacroix: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: Arranxos varios |
|||
Liña 42: | Liña 42: | ||
* [[A Liberdade guiando o pobo]] |
* [[A Liberdade guiando o pobo]] |
||
⚫ | |||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
⚫ | |||
[[Categoría:Pintores de Francia]] |
[[Categoría:Pintores de Francia]] |
||
[[Categoría:Nados en 1798]] |
[[Categoría:Nados en 1798]] |
Revisión como estaba o 21 de novembro de 2016 ás 23:29
Ferdinand Victor Eugène Delacroix, nado o 26 de abril 1798 e morto o 13 de agosto de 1863, foi un pintor francés, o máis importante dos pintores románticos.
Traxectoria
Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde Théodore Géricault e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o Louvre, estudando e copiando aos grandes pintores que admira: Rubens, Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese, e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. Raymond Soulier iniciouno na acuarela.
O artista frecuenta os salóns literarios onde coñece a Stendhal, Mérimée, Victor Hugo, Alexandre Dumas, Baudelaire. Melómano apaixonado, relaciónase con Paganini, e Frédéric Chopin, e outros, dos que fai os seus retratos. Delacroix prefire a amizade de músicos, escritores e poetas á dos pintores da súa época.
En 1822, Delacroix expón, por primeira vez, Dante e Virxilio nos infernos, unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta As matanzas de Quíos, unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o romanticismo e o clasicismo, entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.
En 1827 expón A morte de Sardanápalo, un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao pastel e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en 1847 a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou unha grave deterioración do cadro, e unha difícil restauración.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugène Delacroix |