Terebinto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Marcio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Marcio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:
}}
}}
[[Ficheiro:Pistacia terebinthus MHNT.BOT.2009.13.55.jpg|miniatura|''Pistacia terebinthus'']]
[[Ficheiro:Pistacia terebinthus MHNT.BOT.2009.13.55.jpg|miniatura|''Pistacia terebinthus'']]
A '''''Pistacia terebinthus''''', coñecida como '''terebinto'''<ref>{{DRAG|terebinto}}</ref>, é unha especie de [[Anxiosperma|planta con flor]] pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea, desde [[Marrocos]] e [[Portugal]] no oeste ata [[Turquía]] e [[Siria]] no leste, aínda que tamén se atopa nas illas [[Canarias]]. En galego recibe ademais o nomes de '''escornacabras'''<ref>{{DRAG|escornacabras}}</ref> e '''cornabude'''<ref>{{DRAG|cornabude}}</ref>, pero hai que ter en conta que estes son tamén nomes comúns doutras especies.
A '''''Pistacia terebinthus''''', coñecida como '''terebinto'''<ref>{{DRAG|terebinto}}</ref>, é unha especie de [[Anxiosperma|planta con flor]] pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea, desde [[Marrocos]] e [[Portugal]] no oeste ata [[Turquía]] e [[Siria]] no leste, aínda que tamén se atopa nas illas [[Canarias]]. En galego recibe ademais o nomes de '''escornacabras'''<ref>{{DRAG|escornacabras}}</ref> e '''cornabude'''<ref>{{DRAG|cornabude}}</ref><ref>Nome vulgar da ''Pistacia terebinthus'' e tamén da ''Sorbus aucuparia'' ou [[capudre]] no ''Termos esenciais de botánica'', páx. 36, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.</ref>, pero hai que ter en conta que estes son tamén nomes comúns doutras especies.


Trátase dunha pequena árbore ou grande arbusto [[caducifolio|deciduo]] que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da [[primavera]]. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.
Trátase dunha pequena árbore ou grande arbusto [[caducifolio|deciduo]] que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da [[primavera]]. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Revisión como estaba o 10 de xullo de 2016 ás 14:17

Pistacia terebinthus

A Pistacia terebinthus, coñecida como terebinto[1], é unha especie de planta con flor pertencente á familia das Anacardiáceas e nativa da rexión mediterránea, desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e Siria no leste, aínda que tamén se atopa nas illas Canarias. En galego recibe ademais o nomes de escornacabras[2] e cornabude[3][4], pero hai que ter en conta que estes son tamén nomes comúns doutras especies.

Trátase dunha pequena árbore ou grande arbusto deciduo que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da primavera. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Historia

John Chadwick cre que é a planta chamada ki-ta-no que aparece nalgunhas táboas de Linear B, un antigo dialecto de Grecia. Cita a obra do erudito español J.L. Melena, que atopou "un antigo léxico que amosaba que o kritanos era outro nome para esta árbore e que a pronuncia micénica podía representar unha variante da palabra."

Esta especie é mencionada na Biblia no Antigo Testamento. Por exemplo, en Isaías 1:29, onde a palabra hebrea "el" ou "elim" a miúdo pode traducirse como buxo ou terebinto. Tamén en tres capítulos sucesivos do Xénese (12:6, 13:18, 14:13) referíndose ós lugares onde o patriarca Abraham acampaba. Tamén hai unhas poucas referencias no libro dos Xuíces.

Esta planta tamén é mencionada na Eneida de Virxilio, libro 10, liña 136.

Utilidade

O uso máis antigo e coñecido do terebinto é como fonte da augarrás ou esencia de trementina, un aceite vexetal utilizado como diluente e como compoñente químico. Actualmente a trementina do terebinto é coñecida como trementina chipriota.

A árbore é rica en substancias resinosas e foi utilizada polas súas propiedades medicinais e aromáticas na Grecia clásica. A corteza pode utilizarse para elaborar unha pasta de cheiro doce e na confección de coiro. Máis recentemente, para a elaboración de antiinflamatorios.

Os froitos desta planta son utilizados en Chipre para a elaboración dun pan especial. En Creta, onde recibe o nome de tsikoudia, é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama tsikoudia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terebinto.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escornacabras.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cornabude.
  4. Nome vulgar da Pistacia terebinthus e tamén da Sorbus aucuparia ou capudre no Termos esenciais de botánica, páx. 36, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.