Diferenzas entre revisións de «Lingua bengalí»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Arranxos varios using AWB
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:bengali world1.jpg|miniatura|500px|centro|A lingua bengalí no mundo.]]
 
Coñecido por moitos como o Shakespeare da India, posibelmente o maior e máis prolífico escritor en bengalí é o [[Premio Nobel]] [[Rabindranath Tagore]]. Influído fundamentalmente pola filosofía universalista hindú no [[Upanishad]]s, Tagore dominou durante décadas a escena filosófica e literaria tanto bengalí como india. A súas 2.000 ''Rabindrasangeets'' teñen un papel importantísimo na definición da cultura bengalí, tanto en Bengala Occidental canto en Bangladesh. Outros traballos notábeis del en bengalí son ''Gitanjali'', un libro de poemas polo cal recibiu o Premio Nobel de Literatura, e moitos dos seus contos e algúns romances.
 
Nunha categoría similar está [[Kazi Nazrul Islam]], musulmán que permaneceu en Bangladesh despois da independencia e cuxo traballo, como o de Tagore, transcende límites sectarios.
 
[[Michael Madhusudan Dutta]] converteuse ao cristianismo, mais fíxose famoso polo seu traballo baseado no poema épico hindú [[Ramayana]], creando unha obra-prima coñecida como "O asasinato de Meghnadh," (en bengalí "''Meghnadh Bodh Kabbo''" (মেঘনাদ বধ কাব্য)) que esencialmente segue a tradición épica poética d'''O Paraíso Perdido'' de [[Milton]].
 
[[Sharat Chandra Chattopadhyay]] foi autor extremadamente respectado e estilista complexo en bengalí e [[Bankim Chandra Chattopadhyay]] é máis famoso por ter escrito a canción nacional non oficial da India. "Bande Mataron" (pronunciado en hindi "Vande Mataron"). [[Jibanananda Das]] foi un poeta soberbo, notábel por tentar crear literatura que ficase fóra do estilo Tagore.
== [[Escrita]] ==
 
O bengalí é xeralmente escrito coa [[escrita bengalí]]. Esa é unha [[Sistema de escrita|escrita]] [[Familia bráhmica|bráhmica]], moito similar ao [[devanagari]] usado polo [[hindi]] e polo [[sánscrito]]. Cada símbolo-base representa unha [[sílaba]], e outros símbolos poden adicionarse para mudar (ou suprimir) a vogal daquela sílaba. Aglomeracións de consoantes son frecuentemente indicadas pola ligazón de dous símbolos.
 
O sistema de soletrear baséase nunha versión antiga da lingua sen certas fusións de vogais que aconteceron na lingua falada, non podendo ser así definida como completa [[ortografía fonémica]].
[[Ficheiro:bengali Vocabulary.GIF|miniatura|250px|Gráfico]]
 
En Bangladesh, hai o que se coñece como ''sadhu bhaasha'' (literalmente "lingua de sabios") e ''cholti bhaashaa'' (literalmente "lingua que corre ou que vai"; esencialmente discurso coloquial). A principal diferenza é claramente unha adherencia máis firme ás normas gramaticais e un vocabulario sánscrito moito máis pesado. Músicas como o himno nacional indio "Jana Gana Mana" (por Rabindranath Tagore) e a música nacional da India (por Bankim Chatterjee) "Vande Mataron" foron na verdade compostas en bengalí ''sadhu bhaashaa'' altamente refinado. Non se fala realmente por bengalís e está máis confinado a foros formais e literarios.
 
''Cholti bhaashaa'' é en si cheo de variacións rexionais. ''Cholti bhaashaa'' é a lingua menos ríxida e máis diluída que toma emprestado de varias fontes o seu vocabulario (en canto esmagadoramente derivada do sánscrito, hai tamén moitas palabras tomadas de fontes no inglés, hindi, árabe e persa ou farsi). Tamén a pronuncia de certas palabras e un maior descoido nas expresións gramaticais son claramente un factor distintivo entre ''cholti bhaashaa'' e ''sadhu bhaasha''.
Hai unha división entre a maneira de falar dos bengalís occidentais e dos bengaleses. Unha pronuncia menos estandarizada do bengalí, que prevalece especialmente en vilas e en Bangladesh, tende a presentar sons claros de 'ch' e 'sh' e o 'ph' (un p inspirado como en inglés ''pillow'') soa a, respectivamente, sons máis susurrados de ('s'-cheo) e 'fh. Ese modo de pronuncia ten relación próxima co dialecto 'Sylleti' de Bengala Occidental que ten unha influencia árabe-persa maior é mais distinto da gramática padrón do bengalí. En Kolkata, Bengala Occidental, o ''cholti bhaashaa'' achégase a formas máis estandarizadas e 'propias' do bengalí, retendo as estruturas de son tradicionais e desviando un pouco máis para preto do ''sadhu bhaashaa''.
 
As maiores diferenzas, entrementres , entre o bengalí de Bengala Occidental e o bengalí falado en Bangladesh (o bengalí escrito literalmente permanecendo practicamente o mesmo) é difícil no son, desa forma, de certas variacións gramaticais rexionais e caracteres. Hai, no entanto, algunhas diferenzas que moitos atribuirían á separación entre a poboación maioritariamente musulmá de Bangladesh e a gran poboación hindú de Bengala Occidental. Por exemplo, moitas palabras derivadas do sánscrito son padrón ''sadhu'' e ''cholti bhaashaa'', noutras palabras, o padrón bengalí funcionou no bengalí falado en Bangladesh (ás veces chamado de Dhaka).
 
Algúns exemplos de troco do bengalí padrón (aínda falado en Kolkata) falado en Bangladesh son os seguintes:
393.002

edicións

Menú de navegación