Conversa:Lingua bengalí

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O nome correcto desta lingua en galego é: bengaliano ou bengali (sen o til). A Real Academia da Lingua Galega e o Instituto da Lingua Galega cometen un error ao incluir o sufixo coma propio da lingua galega, e non é así, pois aceptar isto sería admitir un castelanismo supino coma a catedral de Santiago. O sufixo é de orixe árabe e este entra a formar parte dos sufixos do castelán, para formar xentilicios. Este sufixo, para os amantes de fusionar o galego co portugués,non existe coma tal na lingua de Camões, por exemplo. (Atención! O sufixo existe en portugués coma sufixo de orixe tupí-guaraní, coma se recolle no Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa, ou Michaelis Moderno Dicionário da Língua Portuguesa, da Editora Melhoramentos). Este mesmo sufixo non existe tampouco en catalán (ollo!, falo de sufixo -í para formación dos xentilicios, non confundir). Este mesmo sufixo, por exemplo tampouco se usa en aragonés. Máis perto de nós está a lingua asturiana, que tampouco acepta este sufixo como propio do asturiano, segundo se pode recoller na súa gramática. Se, por unha banda, este sufixo non existe na lingua portuguesa, nin a Academia de la Llingua Asturiana o admite como propio, e por outra banda tampouco existen coma propios na lingua aragonesa nin na lingua catalana, como é que si pode ser considerado coma propio do galego? A non ser que se admita ESTE CASTELANISMO COMA UNHA INCORPORACIÓN AO GALEGO, isto é, coma un EMPRÉSTIMO DO CASTELÁN. ?¿ Persoalmente non o teño moi claro que isto poda ser así.

Existen na actualidade varias gramáticas galegas. Na gramática de Real Academia da Lingua Galega, non se fai mención a este sufixo, nas gramáticas das editoriais "Ir Indo" ou "Xerais" tampouco se recolle. Na gramática da editora "Sotelo Branco" si o recolle, pero non da ningunha explicación. E na gramática da editora "Galaxia", a autora di que: "úsase para formar os xentilicios dos países árabes", e pon coma exemplo: marroquí, iraquí, pasquistaní... (que se saiba, os paquistanianos son falantes de linguas indoeuropeos (agás os brahús, que son dravídicos) e non árabes). Ademáis, non dicimos: israelianos, iranianos, alxerianos, tuniciano, ...

Creo que o correcto é usar o cultismo de orixe latina -iano ou -ino (coas súas correspondentes formas), e non usar o sufixo de orixe árabe .


Roberto Garate, Compostela 26 de abril de 2009

Ola Roberto, vaia por diante que eu de lingüística pouco. Porén na Galipedia úsase a norma oficial, e adaptar formas autónomas iría contra as regras de que a wikipedia non é fonte primaria, ou o principio de verificabilidade. Como ti dis, non hai gramáticas nas que se explique este sufixo, mais nos dicionarios si que aparece esta solución en diversos xentilicios. Se a gramática do galego muda respecto a este sufixo, entón a Galipedia adaptarase. De tódolos xeitos pareceume interesante a explicación, a ver se a RAG faiche caso. Un saúdo, e anímote a colaborar na mellora ou creación dos artigos da enciclopedia. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:02, 26 maio 2009 (UTC)
Adiantouseme Alberte ao responder; con todo, velaí vai un engadido: Roberto, o que dis é interesante e se cadra non te falta razón. Non obstante non somos nós os que corriximos á RAG, nin a Cumio nin ao ILG. Se están nun erro, cómpre que o arranxe primeiro eles e a partir de aí nos entramos a corrixilo tamén na Galipedia, que non é unha fonte primaria, como saberás. Posto que bengalí aparece como forma correcta no catálogo da RAG (bengalí), bengalí ten que ficar e bengalí é, a día de hoxe, a forma correcta en galego normativo. Así o entendo eu. Non sei se alguén usuario me corrixirá, pero coido que non. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 20:03, 26 maio 2009 (UTC)