Güiana: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
||
Liña 91: | Liña 91: | ||
{{Commons|Guyana}} |
{{Commons|Guyana}} |
||
{{América do sur}} |
{{América do sur}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Países de América]] |
[[Categoría:Países de América]] |
Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2016 ás 18:43
Modelo:País A Güiana (en inglés: Guyana) é un país de América do Sur limitado ó norte polo Océano Atlántico, ó este por Suriname, ó sur polo Brasil e ó oeste por Venezuela.
Historia
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Subdivisións
Subdivídese en 10 rexións administrativas:
- Barima-Waini
- Cuyuni-Mazaruni
- Demerara-Mahaica
- East Berbice-Corentyne
- Esequibo Islands-West Demerara
- Mahaica-Berbice
- Pomeroon-Supenaan
- Potaro-Siparuni
- Upper Demerara-Berbice
- Upper Takutu-Upper Esequibo
Economía
- Artigo principal: Economía de Güiana.
Demografía
A poboación do país (comprendida entre os 760.000 e 780.000 habitantes) está dividida en tres grupos principais:
- Hindús ou Indo-güianeses (arredor do 50%) que habitan nas zonas rurais.
- Africanos ou afro-güianeses (entre o 36 e o 43%) residentes nos centros urbanos.
- Os amerindios (entre o 4 e o 7%), poboadores das zonas do interior.
A poboación chinesa e europea (principalmente portugueses e británicos) forman o 2%.
O 90% da poboación vive na zona costeira, onde a densidade de poboación chega a 115 habitantes por km². Existe unha gran tensión entre as comunidades hindú e africana, o cal se reflicte na esfera política (onde os dous principais partidos políticos son uni-raciais).
A relixión tamén establece unha liña divisoria entre a poboación. Os cristiáns (50% da poboación), predominantemente adscritos á igrexa anglicana, son de etnia africana. A comunidade hindú procesa maioritariamente o hinduísmo, aínda que existe unha porcentaxe que se adscribe ó Islam. Outro dato curioso a destacar é a presenza no país da comunidade máis extensa de Baha'ís do mundo (un 7%).
A emigración ten sido un problema persistente na historia do país, estimándose uns 500.000 nacionais vivindo fora do país. Desde a independencia, máis de 10.000 cidadáns ó ano téñense establecido nos Estados Unidos. Igualmente, Canadá, o Reino Unido e outros países caribeños de fala inglesa teñen sido o destino de ditos emigrantes.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Office of the President of Guyana (en inglés).
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Güiana |