Economía de Güiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Güiana
Moeda dólar de Güiana
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom
Datos estatísticos[1]
PIB 6 164 millóns (2012)
Posición do PIB 163ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,7% (2012)
PIB per cápita $ 8 000 (2012)
PIB por sector agricultura 20,3%, industria 34,8%, comercio e servizos 44,9% (2012)
Inflación 3,1% (2012)
Poboación abaixo da liña da pobreza 35% (2006)
Total da forza de traballo 313.100 (2009)
Forza de traballo por sector dato non dispoñíbel
Desemprego 11% (207)
Industrias bauxita, azucre, beneficiamento de arroz, madeira, téxtiles, extración de ouro
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 1 299 millóns (2012)
Produtos de exportación azucre, ouro, bauxita, alumina, arroz, camarón, xarope de azucre, ron, madeira
Principais mercados Canadá 29%, Estados Unidos 28,6%, Reino Unido 4,9%, Trinidad e Tobago 4,3%, Xamaica 4,3%, Países Baixos 4% (2011)
Importacións 1 850 millóns (2012)
Principais produtos importados manufacturados, máquinas, petróleo, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1 234 millóns (2012)
Receitas 628,7 millóns (2012)
Despesas 793,1 millóns (2012)

A economía da Güiana ten mostrado un crecemento moderado desde 1999, baseado nunha expansión dos sectores agrícola e mineiro, nunha atmosfera máis favorábel para iniciativas empresariais, unha taxa de cambio máis realista, unha inflación razoabelmente baixa e apoio continuado por parte de organizacións internacionais. Os problemas crónicos inclúen carencias no número de traballadores cualificados e infraestruturas deficientes. O goberno tenta equilibrar unha débeda externa de grandes dimensións coa necesidade urxente de expansión do investimento público. Os baixos prezos de produtos-chave nos sectores mineiro e agrícola, combinados con problemas nas industrias de bauxita e azucre ameazan a xa tenue posición fiscal do goberno e ensombran o futuro.

Referencias[editar | editar a fonte]