Luís Pintos Fonseca: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 11: | Liña 11: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
{{Commonscat}} |
|||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* {{Cita libro |título= Luis Pintos Fonseca, 1906 - 1959|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 1991|editor= Museo de Pontevedra|localización= Pontevedra}} |
* {{Cita libro |título= Luis Pintos Fonseca, 1906 - 1959|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 1991|editor= Museo de Pontevedra|localización= Pontevedra}} |
Revisión como estaba o 11 de xaneiro de 2016 ás 10:48
Luís Pintos Fonseca, nado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1906 e finado na mesma cidade o 25 de xullo de 1959, foi un pintor e gravador galego.
Traxectoria
Iniciou a súa formación con Eduardo Rojas e con Carlos Sobrino Buhigas e Castelao, que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra (1923-1926), e en 1924 ilustrou Seara de Herminia Fariña e Os nenos (1925) de Filgueira Valverde. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais Galicia. Diario de Vigo e Faro de Vigo. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e formouse durante tres anos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. En 1929 instalouse definitivamente en Pontevedra, onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País. Ilustrou as revistas Cristal, Logos, Spes e Aturuxo. Vinculado ao Partido Galeguista, participou nas campañas de apoio ao Estatuto de Autonomía de 1936, para o que realizou un cartel propagandístico.
Durante a Guerra Civil Española refuxiouse no mosteiro de San Xoán de Poio, onde comezou a carreira eclesiástica, ordenándose en 1947. Influído por Carlos Sobrino, realizou excursións pictóricas en busca de novos motivos para as súas pinturas. Traballou tamén na realización de estampas, cunha certa tendencia á art déco. Entre 1944 e 1945 ilustrou a Guía Anuario de Pontevedra e as revistas Finisterre e Sonata Gallega.
Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica. A súa obra caracterízase pola preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos a calidade e a importancia do debuxo e a ausencia de figuras humanas. A partir dos anos cincuenta dirixiuse cada vez máis a representar o eu interior, aínda que sempre a través da paisaxe, sendo moi meticuloso na realización.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luís Pintos Fonseca |
Bibliografía
- Museo de Pontevedra, ed. (1991). Luis Pintos Fonseca, 1906 - 1959. Pontevedra.
- "PINTOS FONSECA, Luis" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Ligazóns externas