Saltar ao contido

Sonata Gallega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sonata Gallega
 Título
Sonata Gallega Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Publicación
 Data de publicación
1944 Editar o valor en Wikidata
 Lugar de publicación
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
1944 Editar o valor en Wikidata
 Data de creación
1944 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
Galiciana: 579263
Wikidata

Sonata Gallega foi unha revista editada en Pontevedra entre 1944 e 1949.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulada Publicación Céltiga e Revista de Galicia. Exponente literario y artístico de la región, apareceu en 1944. Estaba dirixida por Ramón Peña, que era o seu propietario. Emilio Álvarez Negreira foi o seu redactor. Entre os seus colaboradores figuraron Celso Emilio Ferreiro e Xosé María Díaz Castro no apartado de creación literaria, e José Bellver na fotografía. Nun primeiro momento tivo unha periodicidade de catro números ao ano, coincidindo coas catro estacións, pero a partir do número 9 de 1946, saíu de xeito irregular. Incluíu composicións literarias, fotografías e ilustracións, ademais de gravados, linóleos e debuxos, artigos de temática galega e local, homenaxes e retratos biográficos, e críticas literarias e recensións. Cesou a súa publicación co número 12 en 1949. Reapareceu en 1952 nun suplemento especial dedicado ás festas de Guadalupe de Rianxo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]